xoves, 21 de maio de 2015

Antonio o profesor da Escola Municipal de Música do Concello e Mozart


Hoxe tivemos a fortuna de coñecer a Mozart a través do pianista e profesor da Escola Municipal de Música do Concello de Porto do Son.


    

Antonio en primeiro lugar fíxonos reflexionar sobre que é a música ? Que sentimos ca música? E que nos transmite a música?

Falounos da evolución da música a través da historia e tocou algunhas pezas moi antiguas para saber si as coñecíamos e demostrarnos como eses legados siguen estando de moda e podemos disfrutar deles.

Despois comezamos a xogar ca música. A través dos xogos fomos descubrindo cualidades da música ,ritmos , intensidades, coñecemos notas, ...
Primeiro foi o  turno dos nenos e nenas de infantil e despois os de primaria.






Como Antonio sabía que a profesora Estíbaliz nos ensinara quen era Mozart e sabíamos moitas cousas del,  preguntounos que coñecíamos  para despois pasar a explicarnos a súa vida e obra.

Logo chegou o turno da entrevista o alumnado pasou a realizar preguntas sobre a súa profesión e vida artística.

Por último o alumnado do centro que asiste á escola municipal de música falou de como son as clases e o moito que aprenden e melloran. E como non podía ser menos deleitáronos tocando un pouco o piano.












xoves, 7 de maio de 2015

Visita de Inés Carreño. unha gran artista.

Ines Carreño unha arista qu enaceu e vivíu nun medio rural coma o noso.

A cantante e pintora de Portosín visitounos contounos as súas experiencias , cantounos e foi entrevistada por todos e todas nós.

Outro exemplo de que loitando por os soños se consiguen.

Pincha na imaxe para ver as fotos


INES CARREÑO, CANTANTE E PINTORA