venres, 22 de abril de 2016

CELEBRACIÓN DO DIÍA DO LIBRO

Hoxe 22 de abril celebramos o día do libro con 24 horas de antelación. Como levamos facendo os últimos anos aisitimos ao CEIP Portosín para participar na carreira da lectura.
Dende a comunnidade educativa do CEIP Sobrado Nebra queremos darlle as grazas ao CEIP Portosín pola invitación e poder disfrutar con vós de este evento.

O alumnado participou nas diferentes carreiras organizadas por cursos dende os máis peques de infantil ata os maiores de 6º de primaria.
Cada neno/a portaba un dorsal onde figuraba un debuxo do seu libro favorito e o título.

Moi pronto poderedes disfrutar de todas as imaxes na galería pero deixamos unha mostra da xornada que se pechou ca carreira de nais,pais e mestres/as e a entrega de premios.