venres, 13 de xaneiro de 2012

Así foi a nosa festa de inverno.

Preparamos o ximnasio como salón de actos.Menos mal que non choveu ,pois tería sido un festival acuático.

Contamos cuns presentadores que non  teñen nin nas mellores televisións .


E con un público do mellor que se pode pedir.


O alumnado de 3 e 4 anos fixéromnos un baile cas súas mans.



Os de 1º,2º e 3º bailaron coma peixes glu-glu.



E 4º,5º e 6º fixo unha obra de teatro en inglés .




As peques de 5 anos ensináronnos o son do tic tac dos deus reloxos.


No medio tivemos un telexornal feito polo alumnado de 4º,5º e 6º.
E para rematar un baile con música de Carlos Nuñez do alumnado de 3º,4º,5º e 6º.




 Pero tivemos unha sorpresa , a chegada de Papa Noel con agasaios e cariño para todas e todos.



Todo esto gracias ao traballo das nosas profesoras: Irene,Loli,Carol e Mari.