venres, 28 de xuño de 2013

Axuda de adquisición dos libros de texto.

Xa están dispoñibles os cheques para a axuda de adquisición dos libros de texto. 

A partir de hoxe 28 de xuño e ata o 5 de xulllo podedes pasar a recollelos polo centro.

Recordámosvoa ás familias que faltan por formalizar a solicitude que poden facelo ata o día 3 de xullo.



luns, 3 de xuño de 2013

Axudas para libros de texto para o curso 2013-14

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013 – 2014.

Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario para o curso escolar 2013/2014. (DOG Núm. 103, venres, 31 de maio de 2013 páxina 19529 e seguintes):

DESTINATARIOS/AS:

 Alumnado matriculado no curso 2013/2014 en Educación Primaria e repetidores de 2º curso de educación primaria (quedan excluídos das axudas os repetidores/as de 4º e 6º de Educación Primaria).

REQUISITOS:

 Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumno/a matriculado.
 Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
 Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 euros. O cálculo da renda per cápita realizarase da seguinte forma:
- Datos do exercicio fiscal 2.011.
- Sumaranse os recadros 455 e o 465 de cada un dos membros da familia que
teñan ingresos.
- Dividirase o resultado da suma anterior polo número de membros da unidade familiar.

SOLICITUDES:

 As instancias poderán obterse nos centros, nas xefaturas territoriais da Consellería, no portal da xunta http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria así como na páxina web do colexio: http://ceipnebra.blogspot.com.es/
 Presentaranse segundo o Anexo I desta orde nos centros educativos en que estea matriculado o/a alumno/a.
 Presentarase unha solicitude por cada alumno/a.
 As solicitudes serán asinadas polo pai/nai/titor legal así como polos membros da unidade familiar que perciban ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos que se poderá omitir a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.
Prazo de presentación de solicitudes do 03 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
 Unha vez feita a solicitude teñen que vir o pani,nai ou titor/a legal a recoller os vales dende o 1 de xullo ata o 5 de xullo.
 O centro nunca expedirá un novo vale no caso de que este sexa extraviado polo
solicitante ou pola libraría.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
 Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar. Se a situación reflectida no libro a 31 de decembro de 2011 cambiou deberanse presentar un dos seguintes documentos:
- Sentenza xudicial de separación ou divordio e/ou convenio regulador
- Certificado de convivencia (empadroamento)
- Informe dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
 No caso de discapacidade dalgún membro da unidade familiar: certificado de discapacidade.
 No caso de situación de violencia de xénero documentación acreditativa.
** Deberanse mostrar todos os documentos orixinais ao entregar as fotocopias.

CONTÍA DAS AXUDAS:
 Familias monoparentais (cun só pai ou nai)
- Renda per cápita ata 6.000 euros ----------------------------170
- Renda per cápita familiar de 6.000 a 9.000 euros ----------90
 Resto das familias
- Renda per cápita ata 5.400 euros ----------------------------170
- Renda per cápita dende 5.400 ata 9.000 euros --------------90