venres, 18 de novembro de 2011

Os vixiantes da natureza:O SEPRONA

Onte 17 de Novembro visitaron a nosa escola uns axentes do SEPRONA. Eles son os encargados de vixiar que o medio ambiente non sufra desperfectos. 

Primeiro mostráronnos un power point sobre as súas actuacións e como investigar os incendios.
Logo deixáronnos montar na moto e no coche patrulla,ata tocamos a sirea.

Por último fixemos un simulacro de como se investiga un incendio e chegamos a descubrir a  causa do noso hhipotético incendio.Foi un pitillo mal apagado.

xoves, 10 de novembro de 2011

O magosto



Hoxe xoves 10 de Novembro celebramos a festa do magosto xunto cas nosas familias.

O primeiro que fixemos foi unha serie de talleres no ximnasio.
Tivemos talleres moi diversos e divertidos:
Construccións con carozos de millo

Taller de  colares de castañas cocidas.


Xogos con  trompos e peonzas, xa que polo San Martiño ,trompos ao camiño.

 Taller de figuras con castañas.Neste taller fixemos arañas, formigas , burros,etc


 E un taller de pulseiras con adornos de castañas.


Logo unha vez asadas as castañas pasamos a comelas.















Tras a comida ,chegou o momento dos xogos das mazás.
No primeiro tiñamos que ser capaces de coller ca boca unha mazá nunha tina con auga(bobbing apple)



No outro xogo cas mazás tiñamos que  coller unha mazá colgada cunha corda tamén só ca boca(apples on stricks)


Para finalizar o día  volvimos aos talleres e por último entregáronnos uns agasaios por ter participado nos concursos de bonecas de milllo e cabazas.

Esperamos que pasarades un día feliz.E moitas grazas as familias por estar con nós.

venres, 4 de novembro de 2011

NOITE DE MEDO

Un día, un home vendeu a súa casa.Comprárona dous homes moi raros. Denda aquel mesmo  instante moitas mulleres foron invitadas a súa mansión.
Pero sucedeu algo inesperado dado que os seús cadaveres estaban tirados por algúns montes.
A xente non se decataba de nada do que pasaba.
Entón foi cando apareceu un novo estudante moi valente, púsoxe a espialos. E unha semana despois observou como metía dous ataudes no soto.
Logo o rapaz de 21 anos meteuse na mansión e nunca maís volveu a sair.
Por ahí aínda se rumorea que nesa casa están os dous donos dentro,o estudante e as rapazas desaparecidas.

Adrián Ageitos Mayán

venres, 28 de outubro de 2011

As cabazas de Samaín

Xa podedes ver na galería de fotos as cabazas deste curso 2011-12.
Cada ano ímonos superando.
Aquí tedes un par delas.

xoves, 27 de outubro de 2011

Celebramos o samaín

Hoxe tivemos a celebración do Samaín na escola.
Ao chegar a aula do medo atopámosnos cunha pantalla xigante onde estaban uns zombis bailando.
Ao velos bailar ,sucedeu algo fantástico un par de zombis da nosa escola bailaron coma eles:Raquel e Isaac.



Bueno estes non son, aínda que se asemellan moito.Fixádevos ben.


Despois disto pasamos á lectura de contos de medo ambientados nun bosque.
Disfrutamos moitísimo,aínda que tamén tivemos moito medo cas histotias. Un gran traballo por parte de todo o alumnado cunha gran calidade en todos os traballos, sen olvidar a Mary e Carol xa que sen elas sería imposible ter feito estas obras de arte.

A aula de infantil non ía ser menos e Loli acompañada da súa clase contaron un conto no que nos meteron moito medo.
E para rematar a clase de 1º,2º e 3º cantáronos unha terrorífica cantiga de medo.

Que acabamos bailando todos xuntos grazas ao traballo de Irene.

E así foi como pasamos un estupendo día de Samaín.

mércores, 26 de outubro de 2011

Celebramos o OUTONO

Como todos os anos nestas datas celebramos varias festas típicas do outono.
XOGAMOS COMA AS NOSAS AVOAS E AVOS. 
Antes non tiñan os medios que temos agora para xogar. Non tiñan nin bonecas ,para xogar as bonecas nesta época do ano ,tras recoller o millo ,cas espigas facían as súas propias bonecas.
Nós non só facemos bonecas ,ca axuda das nosas nais e pais facemos todo tipo de xoguetes. 
A continuación amoámosvos algúns deles. Na galería de imaxes podedes ver moitas máis,todas feitas con moito agarimo e moito esforzo polo tanto co mesmo valor.



mércores, 28 de setembro de 2011

A nosa escola na prensa.

Aquí tedes o enlace para a nova do noso traballo na aula sobre os cogumelos.
Enalce da nova na prensa


Verónica Martín impartiu un taller sobre micoloxía no colexio sonense.

venres, 23 de setembro de 2011

Unha clase de micoloxía

Verónica unha estudande de inxeniería forestal, foi a nosa particular micóloga.
Onte o 22 de setembro tivemos un día inolvidable porque aprendemos onde viven os nomos.Non ,só era unha broma , o que si aprendemos foi moito sobre o froito dos fungos .Os cogumelos.

venres, 16 de setembro de 2011

Empezamos o cole

Este curso traballaremos o tema do bosque, faremos moitas actividades relacionadas con el. Tamén aprenderemos moitas cousas novas sobre el e estamos con moita ilusión.
Comezaron novos alumnos, un montón de infantil, Pedro, que empezou en 3º e Suso, que empezou en 4º.
Tamén se foron algúns alumnos, fóronse María, Marcos e Dani de 6º, e Noelia de Educación infanrtil.
Este ano, tamén hai máis traballo para o profesorado, posto que teñén que dar a tres cursos xuntos e quedounos unha clase libre.
A clase utilizarémola para relixión e demáis asignaturas que non se poidan dar nas respectivas aulas.

mércores, 22 de xuño de 2011

Fin de curso

Nas vindeiras entradas mostrarémosvos o que realizamos no festival de fin de curso.
comezamos a entrega cos seguintes videos.

venres, 17 de xuño de 2011

Última semana

O curso estamos acabando,
e vai comezando o verán,
tendes que estar bailando
e tamén hai que bailar.

Estamos un pouco repetitivos, pero, somos así, que lle vamos a facer.
Todos estamos impacientes, xa acaba o colexio, hai que ir á plaia.
Vamos a votar de menos aos de 6º. Están felices por aprobar.
Xa escribiremos outra vez, oxala que sexa pronto.

                                ADEUS

luns, 13 de xuño de 2011

PENÚLTIMA SEMANA DE ESCOLA

Que ben, xa estamos acabando e o verán vai empezando. Esta semana é moi  especial, porque os profes van preparar as notas, polo tanto os nenos vanse portar mellor e esta escola vai estar en silencio.Iso cando non estemos ensaiando; pero non imos a contar máis, só que estamos máis modernizados e que vos agardan moitas sorpresas.

Por outra banda algúns estamos contentos e outros  tristes, porque ou se van da escola  ou non van a ver os seus amigos ata que comece o novo curso. E como estamos moi contentos e moi pouco tristes, ímosvos a dicir que este ano vai  a haber moito ritmo e algo de cine e que nin a choiva nin ninguén vai a conseguir que non se nos escoite como deus manda.

Si vos gusta o ritmo e a impresión,
vinde a Nebra en Porto do Son.
O 22 de Xuño ás dez da mañá,
vinde a ver todo o que imos facer.

xoves, 19 de maio de 2011

Entrega de premios en Portosín

O pasado 17 de maio tivo lugar a entrega de premios do concurso que organizou o concello con motivo do día das letras galegas. As gañadoras e gañadores tiveron que recoller os seus agasaios ante un auditorio ateigado de xente.

xoves, 12 de maio de 2011

Abraham: Un ilustrador de contos

Podedes consulta na galería de imaxes os debuxos que Abraham fixo para nós. Aprendimos cales son as cores cálidas e as frías. Tamén que para debuxar ben ,temos que practicar moito e copiar moitos debuxos.

luns, 9 de maio de 2011

Os maios

Na celebración dos Maios este ano decidimos facer unha medusa debido a temática central do curso ,a auga.

E tamén cantamos

martes, 26 de abril de 2011

Inicio do 3º trimestre

Hoxe é o 27 de Abril de 2011, para o alumnado de 6º  é o noso último trimestre no colexio e é moi importante porque as notas que levemos de aquí, van a ser a primeira impresión que van ter nosa no instituto. Esa impresión é a que máis conta porque alí xa che xuzgan polas túa sabiduria e polos teus problemas de aprendizaxe, tanto o profesorado como o alumnado(sobre todo o alumnado). Este trimestre vai ser super curto con só 40 días de clase, o cal nos encanta.

Nos somos todos moi bos estudantes asique tanto as notas do 2º que xa temos e as do 3º que xa recibiremos van ser excelentes.

sábado, 16 de abril de 2011

venres, 15 de abril de 2011

Benvidas e benvidos a nosa escola

Neste espazo poredes atopar todoo que facemos na escola de Nebra.
O alumnado de 3º ciclo sonmos os encargados de elaborar e actualizar este blogue. Dende  aquí tamén teredes a oportunidade de ver os nosos blogues persoais e os das aulas.

Esperamos que disfrutedes da vosa visita.