venres, 18 de novembro de 2011

Os vixiantes da natureza:O SEPRONA

Onte 17 de Novembro visitaron a nosa escola uns axentes do SEPRONA. Eles son os encargados de vixiar que o medio ambiente non sufra desperfectos. 

Primeiro mostráronnos un power point sobre as súas actuacións e como investigar os incendios.
Logo deixáronnos montar na moto e no coche patrulla,ata tocamos a sirea.

Por último fixemos un simulacro de como se investiga un incendio e chegamos a descubrir a  causa do noso hhipotético incendio.Foi un pitillo mal apagado.

xoves, 10 de novembro de 2011

O magosto



Hoxe xoves 10 de Novembro celebramos a festa do magosto xunto cas nosas familias.

O primeiro que fixemos foi unha serie de talleres no ximnasio.
Tivemos talleres moi diversos e divertidos:
Construccións con carozos de millo

Taller de  colares de castañas cocidas.


Xogos con  trompos e peonzas, xa que polo San Martiño ,trompos ao camiño.

 Taller de figuras con castañas.Neste taller fixemos arañas, formigas , burros,etc


 E un taller de pulseiras con adornos de castañas.


Logo unha vez asadas as castañas pasamos a comelas.















Tras a comida ,chegou o momento dos xogos das mazás.
No primeiro tiñamos que ser capaces de coller ca boca unha mazá nunha tina con auga(bobbing apple)



No outro xogo cas mazás tiñamos que  coller unha mazá colgada cunha corda tamén só ca boca(apples on stricks)


Para finalizar o día  volvimos aos talleres e por último entregáronnos uns agasaios por ter participado nos concursos de bonecas de milllo e cabazas.

Esperamos que pasarades un día feliz.E moitas grazas as familias por estar con nós.

venres, 4 de novembro de 2011

NOITE DE MEDO

Un día, un home vendeu a súa casa.Comprárona dous homes moi raros. Denda aquel mesmo  instante moitas mulleres foron invitadas a súa mansión.
Pero sucedeu algo inesperado dado que os seús cadaveres estaban tirados por algúns montes.
A xente non se decataba de nada do que pasaba.
Entón foi cando apareceu un novo estudante moi valente, púsoxe a espialos. E unha semana despois observou como metía dous ataudes no soto.
Logo o rapaz de 21 anos meteuse na mansión e nunca maís volveu a sair.
Por ahí aínda se rumorea que nesa casa están os dous donos dentro,o estudante e as rapazas desaparecidas.

Adrián Ageitos Mayán