mércores, 5 de outubro de 2016

NOVA PÁXINA WEB

Dende hoxe a escola dispón unha nova páxina web que iremos dándolle vida pouco a pouco.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsobradonebra  así coma novo teléfono 881 86 63 05.

Disculpas polas molestias.

sábado, 17 de setembro de 2016

REUNIÓNS CAS FAMILIAS

CALENDARIO DE REUNIÓNS DAS TITORÍAS

MARTES 20 DE SETEMBRO ÁS 16:00 HORAS : 
                                                         TITORÍA DE 2ºB E 3ªA

MARTES 27 DE SETEMBRO ÁS 16:00 HORAS:
                                                        TITORÍA DE 1ºA E 2ºA  
                                                        TITORÍA DE 4º,5º E 6   




TODOS OS MARTES DE 16:00 A 17:00 HORAS O PROFESORADO ESTARÁ A DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS NA SÚA HORA SEMANAL DE TITORÍA.



Festa das familia e inicio de curso


Xa temos data para a festa de inicio de curso.

Esta ano crearemos e xogaremos ca pintura.  Vinde preparadas e preparados con roupa vella para disfrutar a tope das actividades que realizaremos xuntas e xuntos.



xoves, 1 de setembro de 2016



As clases comezarán o próximo luns 12 de setembro en horario de 9:20 a 14:20 horas.
Do día 5 ao 8de setembro entregaranse os libros ao alumnado de 3º,4º,5º e 6º beneficiarios do banco de libros.
As nais e pais de edución infantil están convocados a unha reunión informativa o próximo mércores 7 de setembro ás 11:00 horas. 

BO INICIO DE CURSO A TODAS E TODOS!


xoves, 19 de maio de 2016

Fondo de libros de texto e axudas para libros de texto e material curso 2016/17

O luns 16 de maio publicouse a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria.

Nesta convocatoria a solicitude é a mesma para as distintas axudas e  só é necesario presentar unha por familia xa que este ano a solicitude é única para todos os fillos que estean no mesmo centro.
Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:
Tamén poden descargar a SOLICITUDE pulsando aquí 
O prazo para presentar as solicitude é dende o 17 de maio ata o 23 de xuño, ambolos dous incluidos.

mércores, 4 de maio de 2016

Experiencias de aula. Arte e educación física

Ao chegar a aula de educación fiísca atopámonos ca sala chea de sillas ordeadas en filas e columnas e nunha esquina pelotas de diversas cores e tamaños todas xuntas na esquina.

O profe díxonos que a clase comezaba e que nos puxeramos a xogar.
Nun principio quedamos parados e mirando o espazo preguntábamos:
- Podemos mover as sillas?
- Podemos coller as pelotas?
A resposta sempre era a mesma podedes xogar.
Uns comezamos a xogar  cas pelotas e mover algunha silla, outros subíamos e baixábamos sillas, pouco a pouca cada vez máis xogos: subir a silla e botar a pelota,...
Comezaron os xogos por parellas e pequenos grupos ata chegar aos xogos colectivos.
Estas son algunha imaxes da sesión e as creación de arte finais.





                                            PÉTALOS DE FÚTBOL




                        
                                          FLOR DE BALÓNS

                                           WIFI DE NEBRA


                                           ARCO DA VELLA DEPORTIVO

martes, 3 de maio de 2016

CELEBRACIÓN DOS MAIOS.

Como todos os anos no CEIP Sobrado Nebra celebramos o mes das flores.
Todo o alumnado saímos a recoller flores para despois preparalas e erealizar a nosa alfombra floral.
Este trimestre que traballamos a Idade Medieval serviunos como inspiración para  a nosa alfombra. Na pasada feira medieval inventamos un escudo que representamos cas flores. Este foi o resultado.






venres, 22 de abril de 2016

CELEBRACIÓN DO DIÍA DO LIBRO

Hoxe 22 de abril celebramos o día do libro con 24 horas de antelación. Como levamos facendo os últimos anos aisitimos ao CEIP Portosín para participar na carreira da lectura.
Dende a comunnidade educativa do CEIP Sobrado Nebra queremos darlle as grazas ao CEIP Portosín pola invitación e poder disfrutar con vós de este evento.

O alumnado participou nas diferentes carreiras organizadas por cursos dende os máis peques de infantil ata os maiores de 6º de primaria.
Cada neno/a portaba un dorsal onde figuraba un debuxo do seu libro favorito e o título.

Moi pronto poderedes disfrutar de todas as imaxes na galería pero deixamos unha mostra da xornada que se pechou ca carreira de nais,pais e mestres/as e a entrega de premios.



venres, 29 de xaneiro de 2016

ENTROIDO NA ESCOLA DE NEBRA

                                            SEMANA DO ENTROIDO

O luns ,martes e mércores seguindo as indicacións do meco iremos completando un disfraz tradicional da comarca do Ulla, entre os diversos eleximos os dos Xenerais.


LUNS : SOMBREIRO DE XENERAL ( Sombreiro adornado con plumas)

MARTES : CHAQUETA DE XENERAL ( Ombreiras e adornos nas mangas,...)





MÉRCORES : BANDA E FAXÍN .

XOVES: Disfraz libre .

VENRES:
- Feira Medieval de Nebra .Cada alumno/a e familia deberá vir disfrazado de época medieval.
Hora de inicio ás 12:00
- Desfile de disfraces no polideportivo.
- Sorteo da cesta.
- Comida típica de entroido. Cada familia poderá traer produtos típicos de destas datas para degustar.

SÁBADO : Festa de entroido na Casa Veciñal de Nebra organizada pola ANPA.

* O alumnado debe traer as rifas da ANPA o mércores 3 de febreiro.

Bo entroido .