xoves, 19 de xuño de 2014

Visita á carpintería Fontán

Hoxe, tivemos a última saída do curso. Fai poucos días, os donos da carpintería Fontán convidáronnos a ir ver os animais que teñen alí. A verdade é que parecía un pequeno zoolóxico. Había guacamayos, faisáns, galiñas, cans de diferentes razas, puchos, pitiños en incubadoras...

Estamos moi agradecidos, non só pola invitación senon tamén pola boa acollida que tivemos por esta familia.