venres, 8 de xuño de 2012

AS ACTIVIDADES DE MARI

Con Mari fixemos moitas cousas. Por exemplo, en plástica, o alumnado de Primaria, pintamos tellas decorativas.
Algúns de nós xa as levaron para a súa casa, e os outros aínda non as rematamos. Quedaron preciosas! Xa as veredes.



 A qué quedaron ben?


EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Saimos cara o camping ás 10:15, e chegamos ás 11:30.
Cando chegamos, fixemos unha actividade para coñecer o camping, que consistía en buscar unhas tarxetas ca axuda dunhas pistas e un mapa, e cando se tivesen todas, ir ao punto de encontro para formar unha oración cas tarxetas.
Cando rematamos, fomos á piscina, pasámonos alí toda a mañá, ata a hora de comer.
Ás 15:00, como aínda non podíamos volver a meternos na piscina, fomos ao inchable que había., e despois xogamos ao brilé, chicos e chicas.
Logo fomos á piscina ata que rematou a excursión.
Chegamos ás 19:00.




@S NEN@S DE INFANTIL FORON DE EXCURSIÓN AO INSTITUTO

Os nenos de INFANTIL son tan listos que chegaron ao instituto !  Escoitar un CONTOOO!
. Escoitaron varios contos, entre eles, "A vaca que puxo un ovo".


Xogaron ao xogo da " TOUPA", e contaron eles mesmos o conto de
"Carapuchiña vermella".










PASÁRONO XENIAL