venres, 26 de outubro de 2012

Fotos das bonecas de Millo

Xa podedes ver todas as fotos das bonecas de Millo pinchando en fotos da escola ,a dereita desta entrada.
Disfrutade son preciosas.

xoves, 25 de outubro de 2012

AS BONECAS DE MILLO

Xa podedes ver na entrada da escola a exposición de Bonecas de Millo.
Este ano dispoñede de máis tempo ,pois como sabedes hai un montón de historias e contos creados polos nenos e nenas xunto cas familias.Esta é unha pequena mostra:







domingo, 7 de outubro de 2012

Coñecemento no medio

Desprazámonos ao campo da festa onde o ano pasado plantáramos árbores ca comunidade de montes. Este curso imos a facer un seguimento do crecemento e das características destas árbores.
Nesta primeira saída completamos unha ficha de observación que redactamos na aula con un montón de datos, tanto para recoller da observación directa como de investigación.
Deixámosvos unhas imaxes da recollida de información.E por certo coidade o medio ambiente pois tamén recollimos bastante lixo.






Inicio de curso a ritmo africano.

Nesta semana tivemos a visita de Ibra, que nos ensinou a tocar os timbais.
Primeiro explicounos como se facían, e cales eran as materias primas utilizadas.
Despois realizamos unha práctica onde todas e todos tocamos a ritmo africano.
Dende aquí queremos agradecerlle a súa presenza e decirlle canto aprendimos e o ben que o pasamos.