mércores, 18 de decembro de 2013

Cartas a nenos e nenas de Siria

Como xa todos sabedes, a semana pasada tivemos a visita de Nusa, unha mestra e periodística que é de Siria. Antes de marchar solo nos pediu un pequeno favor, que os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º, lle escribiran unha carta aos nenos de Siria para darlles ánimos en este momento tan duro de guerra. E así o fixeron, estas son as cartas que escribiron. Pincha no enlace e así verás a boa intención de todos e todas.







venres, 13 de decembro de 2013

Entrevista a Nusa Oui

Aquí vos deixamos un pequeno adianto do día que compartimos con Nusa. Esperamos que en poucos días vos poidamos presentar todo o material que xuntamos. Temos tanto que leva tempo.

CONCERTO NA CASA DA CULTURA DE PORTO DO SON

Fomos convidados a asistir a un concerto moi especial de un grupo musical de tres persoas. Pasámolo moi ben e compartimos o espectáculo con nenos e nenas de outros coles da contorna. Aprendemos distintos ritmos musicais, rimos moito, ata Samuel Blanco foi elexido para ir  actuar con estes gran grupo, tamén bailamos...
Fai clic no enlace que atoparñas debaixo da foto.



CONCERTO on PhotoPeach <iframe width="445" height="296" src="http://photopeach.com/embed/yl0iph" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

mércores, 11 de decembro de 2013

Un día especial no cole.


Temos o gusto de presentarvos a Nusa Ouis, a chica que nos visitou hoxe no colexio. Foi un día cargado de moitas sorpresas e no que aprendemos moitas cousas. Creo que a partir de hoxe, moitos de nós vamos a valorar máis as cousas que temos e que non lles damos importancia. 
Ahora tócanos preparar as fotografías e vídeos que fixemos para poder ensinarvos e compartir con vós esta marabillosa experiencia. 


Chukran Nusa e agardamos pola túa visita.

martes, 10 de decembro de 2013

TEMOS VISITA.

Mañá temos a visita ó noso cole de unha mestra moi especial,non é unha mestra común como a que podemos atopar en calquera dos centros de arredor. Trátase de unha mestra de Siria, si digo ben, de Siria. Será unha experiencia seguro que moi bonita da que todos e todas aprenderemos moito. De momento, despois de andar indagando en diferentes fontes, xa sabemos onde se sitúa, coñecemos un pouco da súa cultura, lingua... 
Estade moi atentos, que de seguro, alguén publicará algunhas fotos do ben que o pasamos.


domingo, 8 de decembro de 2013

HOXE TOCA PODAR CON RAMÓN

O venres, Ramón (o pai de Suso) veu á escola compartir con nós a súa sabidoría sobre a poda. Aproveitamos a súa axuda para podar as árbores e prantas que foron prantadas en cursos anteriores. Para moitos foi todo un descubremento. A continuación deixovos algunha das imaxes que vos poden dar unha idea do ben que o pasamos.

 Pincha na omaxe para ver a galería de fotos .
https://plus.google.com/photos/113800244813824921753/albums/5955353187715897025?banner=pwa
 
Video da actividade

          

mércores, 4 de decembro de 2013

PREVENIR PROBLEMAS DE ATENCIÓN

Un dos problemas máis comúns que soen ter os nenos e nenas é a falta de atención ante as tarefas escolares. Isto é unha das causas do fracaso escolar. Por iso vos deixo un enlace de un folleto con recomendacións para a súa prevención. Espero que vos serva de axuda.


http://familiaycole.files.wordpress.com/2011/03/29-prevenir-problemas-atencion.pdf