venres, 18 de decembro de 2015

mércores, 16 de decembro de 2015

EXPERTOS EN ODONTOLOXÍA GRAZAS A JOSE ROMERO

Na xornada de onte os nenos e nenas da nosa escola tivemos o pracer de compartir unha xornada con Jose Romero un gran dentista.








Jose aprendeunos moitas cousas dunha forma moi atractiva e didáctica.
Dende agora e grazas aos seus consellos todas e todos saberemos como prevenir enfermidades bucais, ter unha hixiene bucal óptima e un montón  mási de cousas.








Pero non só aprendemos o alumnado,.O profesorado ,nais e pais compartiron pola tarde unha xornada con Jose Romero onde aprendemos normas de prevención e como actuar ante traumatismos.







Toda a comunidade educativa do CEIP Sobrado Nebra quere agradecer públicamente o teu traballo.
Grazas por ensinarnos a ser máis sanos e felices.





mércores, 9 de decembro de 2015

martes, 8 de decembro de 2015

O domingo 13 de decembro corremos na Sin Son


Todo o alumnado da escola terá a posibilidade de participar na Carreira sin Son.
Amplía a imaxe para ver os horarios.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2015/12/08/ninos-tendran-gran-protagonismo-sin-sonel-plazo-apuntarse-acaba-hoy-2200-horas/0003_201512B8C6993.htm

mércores, 2 de setembro de 2015

AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Orde do 25 de agosto do 2015.

A QUEN VAI DIRIXIDA A AXUDA?
Ao alumnado de primaria.

AS AXUDAS SON COMPATIBLES CAS DESTINADAS Á ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO.

REQUISITOS:
- Ser nai,pai ou titora/o do alumnado sostido con fondos públicos.
- Non estar nas prohibicións de beneficiaria/o , recollidas no artigo 10 da lei 9/2007 do 13 de xuño.
- TER UNHA RENDA PER CÁPITA FAMILIAR IGUAL OU INFERIOR A 5400 EUROS

PRAZO DE SOLICITUDES
1 mes.
Data de inicio o 2 de detembro do 2015
Fin do prazo o 1 de outubro do 2015.

SOLICITUDES.
Todas as solicitudes deberán adxuntar a documentación esixida ou ben autorizar a consulta dos datos de identidade tributarios.
Os datos da unidade familiar e a súa composición serán a data do 31 de decembro do 2013.
Nesta axuda non se fai diferencia da familia monoparental e de resto de familias, respecto o tramo de renda e contía da axuda.
Renda per cápita. Considérase a do exercicio 2013 ,igual que na axuda dos libros de texto.
Pero habendo un único límite , podendo aceder soamente o alumnado de renda per cápita da unidade familiar sexa igual ou inferior a 5400 euros.

Alumnado con tutela ou garda da xunta ten dereito a axuda independentemente da renda per cápita.

Contía da axuda 50 euros por alumna/o

Tramitación: Solicitude ED330F . Aplicación informática ou pedidal ana dirección do centro.
Descarga da solicitude :AQUÍ




martes, 14 de xullo de 2015

Grazas a Areca Films por contar con nós.

O CEIP Sobrado Nebra quere agradecer a Areca Films,as profesionais que traballaron con nós e a Diana Nogueira  o trato recibido e desexámoslle moitos éxitos.

Dende a  nosa escola un abrazo e xa sabedes onde estamos.



luns, 6 de xullo de 2015

Sinte túa a escola.

Sinte a túa escola!!!!
Fai da escola un lugar máis agradable e bonito para as túas fillas e fillos.

A partir do martes 7 de xullo comezaremos a preparar a escola para o vindeiro curso. Todos os pais e nais que desexedes colaborar nos traballos previstos podedes pasar en horario de 9:30 a 12:00 horas.

Os traballos xa empezaron, deixámosvos unhas imaxes para que vexades o antes e logo o despois.





xoves, 21 de maio de 2015

Antonio o profesor da Escola Municipal de Música do Concello e Mozart


Hoxe tivemos a fortuna de coñecer a Mozart a través do pianista e profesor da Escola Municipal de Música do Concello de Porto do Son.


    

Antonio en primeiro lugar fíxonos reflexionar sobre que é a música ? Que sentimos ca música? E que nos transmite a música?

Falounos da evolución da música a través da historia e tocou algunhas pezas moi antiguas para saber si as coñecíamos e demostrarnos como eses legados siguen estando de moda e podemos disfrutar deles.

Despois comezamos a xogar ca música. A través dos xogos fomos descubrindo cualidades da música ,ritmos , intensidades, coñecemos notas, ...
Primeiro foi o  turno dos nenos e nenas de infantil e despois os de primaria.






Como Antonio sabía que a profesora Estíbaliz nos ensinara quen era Mozart e sabíamos moitas cousas del,  preguntounos que coñecíamos  para despois pasar a explicarnos a súa vida e obra.

Logo chegou o turno da entrevista o alumnado pasou a realizar preguntas sobre a súa profesión e vida artística.

Por último o alumnado do centro que asiste á escola municipal de música falou de como son as clases e o moito que aprenden e melloran. E como non podía ser menos deleitáronos tocando un pouco o piano.












xoves, 7 de maio de 2015

Visita de Inés Carreño. unha gran artista.

Ines Carreño unha arista qu enaceu e vivíu nun medio rural coma o noso.

A cantante e pintora de Portosín visitounos contounos as súas experiencias , cantounos e foi entrevistada por todos e todas nós.

Outro exemplo de que loitando por os soños se consiguen.

Pincha na imaxe para ver as fotos


INES CARREÑO, CANTANTE E PINTORA

mércores, 15 de abril de 2015

FESTA DA LECTURA EN PORTOSÍN

O próximo xoves día 24 de abril iremos invitados ao CEIP Portosín a celebrar a carreira pola lectura outro ano máis.
Este ano o motivo os nosos dorsais farán referencia  a gran obra da literatura española  " El Quijote ".
Para que os máis pequenos/as coñezan  personaxes e  a obra deixámosvos esta aplicación para xogar e trababllar.

Pincha na imaxe para aceder



venres, 10 de abril de 2015

O TREN DE NEBRA. CANTIGA DE EDUCACIÓN INFANTIL

VIDEO DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL NA AULA DE MÚSICA CA PROFE
ESTÍBALIZ.



 



ESPEREMOS QUE DISFRUTEDES DEL

xoves, 9 de abril de 2015

O NOSO COLE NA TVG, DOMINGO ÁS 19:15

O DOMINGO 12 DE ABRIL ÁS 19:15 HORAS NA TVG PODEMOS VER O PROGRAMA 
                                                          
                                                              E AGORA QUE?



QUEN SERÁN OS PROTAGONISTAS DO PROGRAMA ?

                                                              SEREMOS NÓS!!!!!





NON PODEDES DEIXAR DE VER COMO SE COMPORTAN OS NOSOS PEQUES ANTE UNHA CÁMARA OCULTA.


luns, 16 de marzo de 2015

Xornadas do día da muller traballadora

Este ano para celebrar o 8 de Marzo na escola fixemos as seguintes actividades centradas na figura da muller no rural:
Unha exposición de fotografía onde o noso alumnado foi o protagonista realizando fotos a mulleres que traballan no rural ou recopilando fotos antigas.
E para resaltar o traballo da muller no rural tamén tivemos un par de conferencias onde Inma que traballa nunha tenda agrícola e Orieta nunha explotación gandeira explicáronnos como eran os seua traballos.

Algunhas imaxes destas actividades.

         





venres, 27 de febreiro de 2015

PRAZO DE MATRÍCULA 2014/15

A partires do 1 de Marzo de 2014 ábrese o prazo de admisión de novos alumnos/as para o vindeiro curso 2014-2015. O prazo e lugar de entrega é do 1 ao 20 de Marzo no centro en horario de 09:20 a 14:20 h.
Os impresos de solicitude (Anexo II) poderán recollerse no colexio ou descargalos pulsando aquí Tamén deberán entregar a Ficha de Recollida de Datos que tamén a poden descargar pulsando aquí .
A documentación que teñen que entregar poden descargala de aquí e a ficha de datos aquí.
O centro organiza unhas xornadas de portas abertas o 11,12 e 13 de Marzo de 2014 en horario de tarde de 16:00 a 18:00 h.
Poden descargar a normativa reguladora do procedemento de admisión pulsando aquí. Tamén poden descargar as instruccións do Xefatura Territorial e as instruccións da Consellería de Educación.
Os postos escolares ofertados poden descargalos pulsando aquí
O prazo para formalizar a matrícula é dende o 20 ao 30 de xuño. Para elo teñen que entregar o documento de formalización da matricula (Anexo III) que tamén o poden descargar aquí
Este centro está adscrito ao IES Porto do Son.
Os Servizos Complementarios que ofertamos son o Servizo de Autobús.


INFORMACIÓN DE INTERESE
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar
Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.



mércores, 11 de febreiro de 2015

Plantamos frutais

Dentro do programa Voz Natura os nenos e nenas fixemos unha plantación de frutais no noso patio.
As árbores que plantamos foron cerdeiras,pereiras, maceiras,...

Todos os nenos e nenas amosaron a súa habilidade para traballar na terra.

Deixámosvos unha cantas imaxes para que disfrutedes.

Pincha na imaxe para ver máis fotos.


martes, 27 de xaneiro de 2015

Un subcampion galego de Taekwondo

Isaac ven de proclamarse subcampión galego de Taekwondo.
Toda a escola damósche a noraboa e desexamos que o pases ben no campionato de España deixando a Nebra o máis alto posible.


Campionato Intercomarcal no Loreto

Victor , Paula e Xiana foron os representante da escola de Nebra no campionato intercomarcal. Como podedes ver nas imaxes Xiana causou baixa por enfermidade.
Paula realizou unha moi boa carreira .Victor fixoo igual de ben e aínda encima clasificouse para o campionato provincial que se realizará na Pobra do Caramiñal.