Aquí temos a estes compañeiros que nos representaron na segunda fase do concurso ECO VOZ. Coas súas respostas conseguiron ganarlle a un colexio de Moaña. Ahora xa estamos en outra fase. Parabéns compañeiros/as.
O venres tivemos un primeiro contacto co que é o oficio das mariscadoras. Ensináronnos os traxes que teñen que levar, que especies recollen, que utensilios empregan para a extracción do marisco, como é a venta dos seus productos, que requisitos teñen que cumplir para poder mariscar...
O pasado mércores visitáronnos Loli e Ginocha, dúas das redeiras de Porto do Son. Con elas aprendemos moitas cousas (nomes das partes de unha rede, canto miden, o prezo, tempo que leva facelas...) sobre o seu oficio. Se queredes ver o ben que o pasamos, non tedes máis que facer click no vídeo que aparece a continuación. Moitas grazas e esperamos que vos guste.
Se tedes en mente mercar un pixama e non sabes cal mercar, aquí vos deixamos a colección de pixamas que pasaron polo noso cole. Esperamos que vos serva de axuda