mércores, 30 de outubro de 2013

Quitamos os nosos medos.

Video pola Samaín para ser quen de deixar os nosos medos atrás.


Espigas de millo mariñeiras.

Con todos e todas: AS ESPIGAS DE MILLO MARIÑEIRAS.

Como novidade este curso escolar as tradicionais bonecas de millo realizáronse cunha temática propia " o mar e os ríos " .

O proxecto Voz Natura será o fío conductor de moitos dos nosos contidos,aprendizaxes , experiencias e  actividades.

Pincha na imaxe para ver as fotos das espigas.

https://plus.google.com/u/0/photos/113800244813824921753/albums/5940495075182848817

mércores, 16 de outubro de 2013

uns compis moi especiais, os cans de ARCA

Neste video podedes ver un pequeño resumo da actividade que realizamos hoxe na escola ca Protectora ARCA.
Despois do aprendido hoxe sobre o comportamento e trato aos animais seguro que todos e todas queremos axudar ca Protectora ARCA.
O CEIP Sobrado Nebra quere agradecer as voluntarias/os por o traballo diario que fan cos animais e ternos ensinado tanto.

martes, 15 de outubro de 2013

Visita de ARCA. Defensa de natureza e protección da vida animal.

Mañán 15 de outubro teremos unha visita especial das voluntarias de Arca.

Teremos unha charla informativa cunha presentación en power point sobre os coidados dos cans e gatos, o abandono e as funcións dunha Protectora. Tamén realizaremos xogos de dramatización e situación que sofren os animais. E por último o contacto directo cos animais.

luns, 14 de outubro de 2013

O outono

      Empezan a caer as follas das árbores, as primeiras choivas, os cogumelos comezan a xermolar, podemos disfrutar da variedade de cores na vexetación, os días fanse máis curtos... Chegou o outonoooo!!!!  E os nenos e nenas do cole están a decorar as súas aulas con motivos do Samaín, que pronto festexaremos. Lembrade que durante esta semana podedes traer as vosas bonecas de millo para expoñer.Por certo, hai moita creatividade, as que están chegando son fermosísimas. Cando xa teñamos todas, subiremos as fotografías.