mércores, 26 de febreiro de 2014

Desfile de moda en Nebrayork

Hoxe tivo lugar na escola o desfile dos mellores deseñadores da zona do Barbanza. Neste evento, reuníronse modistos e modistas de tódalos estilos. Pasen e miren!!! marcando tendencia.




martes, 25 de febreiro de 2014

De fashion day en Nebrayork

Hoxe a escola vestiuse de glamour, cada un levou as súas mellores galas para lucir durante a xornada. Se queredes ver cales foron as tendencias en complementos non tedes máis que clicar no enlace que aparece a continuación.

E seguimos facéndolle caso ós mandados do Meco


ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014/2015


ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014/2015

Data de inicio para novos alumnos : O día 1 de Marzo.

Prazo e lugar de entrega: Do 1 ao 20 de Marzo no centro en horario de 09:30 a 14:30 h.

Documentación necesaria:

O impreso de solicitude (Anexo II) poderán recollerse no centro ou descargalos pinchando aquí.

Xunto co anexo II ( asinado polo pai , nai ou titores legais) , o alumnado de educación infantil novo no centro deberá entregar:

            - 3 fotos de carnet.
            - Fotocopia do DNI e Fotocopia do libro de familia do alumno/a e dos pais /nais ou titor/a legal.(Cotexada no centro).
            - Fotocopia da tarxeta sanitaria.
            - Fotocopia da cartilla de vacinas.

Información de interese:

             - Normativa reguladora.
                    - Instruccións da xefatura territorial 
                    - Instruccións da conselleria
                    - Admisión alumnado sede electrónica


Prazas vacantes: 

Educación Infantil
Nivel
Prazas Ofertadas
Reservas
Vacantes
4º,5º e 6º de Educación Infantil (Aulas mixtas)
40
5º de E. Infantil : 5
6º de E. Infantil : 5
3 **
27
Educación Primaria
Nivel
Prazas ofertadas
Reservas
Vacantes
1º,2º e 3º de Educación Primaria ( Aula mixta)
20
1º de E. Primaria: 11
2º de E. Primaria: 4
3º de E. Primaria: 3
3**
0
4º,5º e 6º de Educación Primaria
20
4º de E. Primaria: 3
5º de Primaria: 7
6º E. Primaria: 7
3

 INFORMACIÓN  DE INTERESE 
 
- Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar .

- Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro 
distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. 

- Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

O prazo para formalizar a matrícula é dende o 20 ao 30 de xuño. Para elo teñen que entregar o documento de formalización da matricula (Anexo III) que tamén o poden descargar aquí


luns, 24 de febreiro de 2014

Comeza a festaaaaaa


A festa xa comezou coa primeira comanda do Meco traendo todos e todas as caras pintadas. Aquí tedes unha pequena demostración do ben que se pasa en este cole.  




martes, 11 de febreiro de 2014

Publicación de Nusa en un xornal sirio



Aquí vos deixo a ligazón onde podedes ver traducida a publicación de Nusa en un xornal sirio. A traducción non está moi ben feita pero é fácil de comprender. Seguramente  algún ou algunha de vós recoñecerá a carta escrita a un neno de Siria.



Shukran Nusa por seguir lembrándote de nós.





marzooq: febrero 2014
Mais alaany 
Madrid, (SANA) -Un joven...
: febrero 2014 Mais alaany  Madrid, (SANA) - Un joven y ambicioso sirio eligió el camino de la ciencia y la investigación hizo...

mércores, 5 de febreiro de 2014

PASAMOS A SEGUINTE FASE DO CONCURSO DE RADIO ECOVOZ





Parabéns ás alumnas e alumno que representaron hoxe ó CEIP de Sobrado- Nebra no concurso de radio ECOVOZ. Moi merecido o paso á seguinte fase. 



Andrea, Suso, Anahí, Raquel e Carmen.


Mentrás este equipazo estaba de camiño a Nebra, o resto de compañeiros/as preparaban o recibimento ós gañadores. 



Ahora toca seguir preparando os temas para a seguinte fase, na que seguro o farán o mellor posible.