xoves, 28 de novembro de 2013

UNHA ESCOLA CON SENTIMENTO

Esta semana, estanse a celebrar actos de apoio contra a violencia de xénero. Con frecuencia escoitamos e lemos nas noticias como vai aumentando na lista o número de persoas que son víctimas de malos tratos. 

Dende a Escola debemos educar aos nosos alumnos e alumnas no respeto hacia os demais. Cada un de nós temos unhas características particulares, pero por iso non somos nin máis nin menos que ninguén. Non importa cal sexa a nosa apariencia física (gordo, delgado, baixo, con tics...), condición sexual,estatus social, relixión, étnia...todos somos persoas e temos que compartir un espazo na sociedade.
  
Entre os propios alumnos/as tamén xorden situacións de conflicto e os adultos sin decatarnos. Non é preciso que exista agresión física para estar facéndolle dano a un compañeiro/a, un insulto, facerlle vacío nos xogos, patio, actividades grupais... é agredir psíquicamente a unha persoa.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo para reflexionar. Non ó maltrato tanto físico como psíquico. Eduquemos no respeto, non fagas o que non che gustaría que che fixeran a ti. Preme no enlace que está na parte inferior da fotografía.

http://www.youtube.com/watch?v=EVz5vfbB3p4

martes, 26 de novembro de 2013

Monólogos- Educación en igualdade.




Hoxe, os alumnos e alumnas de 4º,5º e 6º, foron convidados a asistir aos monólogos que tiñan como temática " A violencia de xénero".

Cada ano son máis as mulleres e homes que sofren malos tratos.Por iso debemos transmitir ós nosos nenos e nenas o respeto hacia ós demais. Creando ambientes familiares onde non exista o machismo, se compartan tarefas, non fomenten a agresividade tanto física como verbal...A educación en valores e responsable é un traballo de todos.






mércores, 20 de novembro de 2013

Visita ó IES de Porto do Son

Os alumnos e alumnas do IES de Porto do Son, convidáronnos a unha sesión de conta contos. A esta cita acudimos os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Foi unha experiencia moi interesante e divertida. Tivemos que ir en autobús ata o IES, e alí leváronos á sala Percebeira. Estes compañeiros contáronnos o conto da "Lúa", "A vaca que pon ovos", "A elefanta rosa"... E ata Fran nos contou "Caperuchiña vermella" arroupado polos maiores que están no instituto. Unha das cousas que nos fixo moita ilusión, foi ver a nosa ex compañeira María que xa está no instituto!!! A continuación podedes ver o ben que o pasamos. Conta contos no IES de Porto do Son on PhotoPeach

domingo, 17 de novembro de 2013

Aforrando enerxía


         Xa temos que empezar a acender os radiadores, as temperaturas están baixando. E para que non se nos escape toda a calor, puxemos estas planchas que tamén aportan alegría ó edificio. Que vos parece? Fermoso verdade?

sábado, 16 de novembro de 2013

O magosto 2013 Nebra



  O pasado venres 8 de novembro, tivemos a sorte de disfrutar da visita do castañeiro para celebrar o magosto.Os nenos e nenas puideron comer unhas deliciosas castañas e participar nos xogos que tiña preparado o profe Juan.
  Un magosto diferente e inolvidable para os alumnos e alumnas.
  Botade unha ollada ó ben que o pasamos.





luns, 11 de novembro de 2013

Polo San Martiño,trompos ao camiño.

Na clase de educación física estamos a recuperar un xogo tradicional como é o trompo. E que mellor data que o 11 de novembro , o día do trompo. Como dí o refrán polo San Martiño,trompos ao camiño.

 


xoves, 7 de novembro de 2013

Arrecende a castaña!!!ummmmmmm que ricas!!

Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto. Non chas quero, non chas quero, que me cheiran ao chamosco. (Popular)

Hoxe merendamos mazá.

Esta semana, a nai de Lucía, agasallounos unha cubeta chea de mazás para convidar a tódolos nenos e nenas do cole. Aquí tedes unha pequena presentación de alumnos, alumnas e mestres disfrutando de tan deliciosa froita. Moitas grazas!!!

Visita da bruxa de Nebra

domingo, 3 de novembro de 2013

Exposición de cabazas-2013

     Dende a Escola queremos transmitir esta celebración celta, para manter as nosas tradicións máis antigas dunha forma divertida. O Samaín celebrase con motivo do día de Todos os Santos e do Halloween.
       Hai que aclarar, que xa os celtas celebraban o Samaín en Galicia moito antes de que chegara a moda do Halloween. Tiñan a costume de baleirar cabazas para a véspera do día de Todos os Santos.  
         Os pais e nais dos nenos e nenas tamén colaboraron nesta iniciativa, xa que lle axudaron aos seus fillos/as a preparar as cabazas. Deste xeito, elaboraron cabazas terroríficas.Nesta exposición podemos ver: vampiros, drácula, bruxas...


         

venres, 1 de novembro de 2013

Día de Samaín

      O venres pasaron polo cole vampiros, morcegos, esqueletes, cabaciñas, mortos viventes... que daban moito moito medo.

      Aquí vos queda unha mostra do ben que o psamos.