xoves, 19 de maio de 2016

Fondo de libros de texto e axudas para libros de texto e material curso 2016/17

O luns 16 de maio publicouse a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria.

Nesta convocatoria a solicitude é a mesma para as distintas axudas e  só é necesario presentar unha por familia xa que este ano a solicitude é única para todos os fillos que estean no mesmo centro.
Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:
Tamén poden descargar a SOLICITUDE pulsando aquí 
O prazo para presentar as solicitude é dende o 17 de maio ata o 23 de xuño, ambolos dous incluidos.

mércores, 4 de maio de 2016

Experiencias de aula. Arte e educación física

Ao chegar a aula de educación fiísca atopámonos ca sala chea de sillas ordeadas en filas e columnas e nunha esquina pelotas de diversas cores e tamaños todas xuntas na esquina.

O profe díxonos que a clase comezaba e que nos puxeramos a xogar.
Nun principio quedamos parados e mirando o espazo preguntábamos:
- Podemos mover as sillas?
- Podemos coller as pelotas?
A resposta sempre era a mesma podedes xogar.
Uns comezamos a xogar  cas pelotas e mover algunha silla, outros subíamos e baixábamos sillas, pouco a pouca cada vez máis xogos: subir a silla e botar a pelota,...
Comezaron os xogos por parellas e pequenos grupos ata chegar aos xogos colectivos.
Estas son algunha imaxes da sesión e as creación de arte finais.





                                            PÉTALOS DE FÚTBOL




                        
                                          FLOR DE BALÓNS

                                           WIFI DE NEBRA


                                           ARCO DA VELLA DEPORTIVO

martes, 3 de maio de 2016

CELEBRACIÓN DOS MAIOS.

Como todos os anos no CEIP Sobrado Nebra celebramos o mes das flores.
Todo o alumnado saímos a recoller flores para despois preparalas e erealizar a nosa alfombra floral.
Este trimestre que traballamos a Idade Medieval serviunos como inspiración para  a nosa alfombra. Na pasada feira medieval inventamos un escudo que representamos cas flores. Este foi o resultado.






venres, 22 de abril de 2016

CELEBRACIÓN DO DIÍA DO LIBRO

Hoxe 22 de abril celebramos o día do libro con 24 horas de antelación. Como levamos facendo os últimos anos aisitimos ao CEIP Portosín para participar na carreira da lectura.
Dende a comunnidade educativa do CEIP Sobrado Nebra queremos darlle as grazas ao CEIP Portosín pola invitación e poder disfrutar con vós de este evento.

O alumnado participou nas diferentes carreiras organizadas por cursos dende os máis peques de infantil ata os maiores de 6º de primaria.
Cada neno/a portaba un dorsal onde figuraba un debuxo do seu libro favorito e o título.

Moi pronto poderedes disfrutar de todas as imaxes na galería pero deixamos unha mostra da xornada que se pechou ca carreira de nais,pais e mestres/as e a entrega de premios.