Isaac ven de proclamarse subcampión galego de Taekwondo.
Toda a escola damósche a noraboa e desexamos que o pases ben no campionato de España deixando a Nebra o máis alto posible.
martes, 27 de xaneiro de 2015
Campionato Intercomarcal no Loreto
Victor , Paula e Xiana foron os representante da escola de Nebra no campionato intercomarcal. Como podedes ver nas imaxes Xiana causou baixa por enfermidade.
Paula realizou unha moi boa carreira .Victor fixoo igual de ben e aínda encima clasificouse para o campionato provincial que se realizará na Pobra do Caramiñal.
martes, 16 de decembro de 2014
xoves, 11 de decembro de 2014
II ASEMBLEA DO ESTUDANTADO
Este curso no cole cada tres semanas realizamos unha asemblea do estudantado.
En cada asemblea hai un secretario/a que levanta acta e un moderador/a que para dar os turnos de palabra e sintetizar as ideas que van xurdindo , dirixir as votacións,etc En cada asemblea estes postos rotan.
Cunha orde do día e tras a lectura da acta do día anterior dase inicio á asemblea.
Este ano xa debatimos asuntos coma as brigadas verdes, o tempo de ocio no recreo e temos pendente en que imos a gastar unha cuantía económica que o profesorado nos vai a dar.
Na nosa escola o estudantado contamos .Por unha escola democrática de tod@s e para tod@s.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)