venres, 29 de xaneiro de 2016

ENTROIDO NA ESCOLA DE NEBRA

                                            SEMANA DO ENTROIDO

O luns ,martes e mércores seguindo as indicacións do meco iremos completando un disfraz tradicional da comarca do Ulla, entre os diversos eleximos os dos Xenerais.


LUNS : SOMBREIRO DE XENERAL ( Sombreiro adornado con plumas)

MARTES : CHAQUETA DE XENERAL ( Ombreiras e adornos nas mangas,...)





MÉRCORES : BANDA E FAXÍN .

XOVES: Disfraz libre .

VENRES:
- Feira Medieval de Nebra .Cada alumno/a e familia deberá vir disfrazado de época medieval.
Hora de inicio ás 12:00
- Desfile de disfraces no polideportivo.
- Sorteo da cesta.
- Comida típica de entroido. Cada familia poderá traer produtos típicos de destas datas para degustar.

SÁBADO : Festa de entroido na Casa Veciñal de Nebra organizada pola ANPA.

* O alumnado debe traer as rifas da ANPA o mércores 3 de febreiro.

Bo entroido .

venres, 18 de decembro de 2015

mércores, 16 de decembro de 2015

EXPERTOS EN ODONTOLOXÍA GRAZAS A JOSE ROMERO

Na xornada de onte os nenos e nenas da nosa escola tivemos o pracer de compartir unha xornada con Jose Romero un gran dentista.








Jose aprendeunos moitas cousas dunha forma moi atractiva e didáctica.
Dende agora e grazas aos seus consellos todas e todos saberemos como prevenir enfermidades bucais, ter unha hixiene bucal óptima e un montón  mási de cousas.








Pero non só aprendemos o alumnado,.O profesorado ,nais e pais compartiron pola tarde unha xornada con Jose Romero onde aprendemos normas de prevención e como actuar ante traumatismos.







Toda a comunidade educativa do CEIP Sobrado Nebra quere agradecer públicamente o teu traballo.
Grazas por ensinarnos a ser máis sanos e felices.