venres, 22 de abril de 2016

CELEBRACIÓN DO DIÍA DO LIBRO

Hoxe 22 de abril celebramos o día do libro con 24 horas de antelación. Como levamos facendo os últimos anos aisitimos ao CEIP Portosín para participar na carreira da lectura.
Dende a comunnidade educativa do CEIP Sobrado Nebra queremos darlle as grazas ao CEIP Portosín pola invitación e poder disfrutar con vós de este evento.

O alumnado participou nas diferentes carreiras organizadas por cursos dende os máis peques de infantil ata os maiores de 6º de primaria.
Cada neno/a portaba un dorsal onde figuraba un debuxo do seu libro favorito e o título.

Moi pronto poderedes disfrutar de todas as imaxes na galería pero deixamos unha mostra da xornada que se pechou ca carreira de nais,pais e mestres/as e a entrega de premios.



venres, 29 de xaneiro de 2016

ENTROIDO NA ESCOLA DE NEBRA

                                            SEMANA DO ENTROIDO

O luns ,martes e mércores seguindo as indicacións do meco iremos completando un disfraz tradicional da comarca do Ulla, entre os diversos eleximos os dos Xenerais.


LUNS : SOMBREIRO DE XENERAL ( Sombreiro adornado con plumas)

MARTES : CHAQUETA DE XENERAL ( Ombreiras e adornos nas mangas,...)





MÉRCORES : BANDA E FAXÍN .

XOVES: Disfraz libre .

VENRES:
- Feira Medieval de Nebra .Cada alumno/a e familia deberá vir disfrazado de época medieval.
Hora de inicio ás 12:00
- Desfile de disfraces no polideportivo.
- Sorteo da cesta.
- Comida típica de entroido. Cada familia poderá traer produtos típicos de destas datas para degustar.

SÁBADO : Festa de entroido na Casa Veciñal de Nebra organizada pola ANPA.

* O alumnado debe traer as rifas da ANPA o mércores 3 de febreiro.

Bo entroido .