luns, 13 de xuño de 2011

PENÚLTIMA SEMANA DE ESCOLA

Que ben, xa estamos acabando e o verán vai empezando. Esta semana é moi  especial, porque os profes van preparar as notas, polo tanto os nenos vanse portar mellor e esta escola vai estar en silencio.Iso cando non estemos ensaiando; pero non imos a contar máis, só que estamos máis modernizados e que vos agardan moitas sorpresas.

Por outra banda algúns estamos contentos e outros  tristes, porque ou se van da escola  ou non van a ver os seus amigos ata que comece o novo curso. E como estamos moi contentos e moi pouco tristes, ímosvos a dicir que este ano vai  a haber moito ritmo e algo de cine e que nin a choiva nin ninguén vai a conseguir que non se nos escoite como deus manda.

Si vos gusta o ritmo e a impresión,
vinde a Nebra en Porto do Son.
O 22 de Xuño ás dez da mañá,
vinde a ver todo o que imos facer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario