xoves, 10 de novembro de 2011

O magosto



Hoxe xoves 10 de Novembro celebramos a festa do magosto xunto cas nosas familias.

O primeiro que fixemos foi unha serie de talleres no ximnasio.
Tivemos talleres moi diversos e divertidos:
Construccións con carozos de millo

Taller de  colares de castañas cocidas.


Xogos con  trompos e peonzas, xa que polo San Martiño ,trompos ao camiño.

 Taller de figuras con castañas.Neste taller fixemos arañas, formigas , burros,etc


 E un taller de pulseiras con adornos de castañas.


Logo unha vez asadas as castañas pasamos a comelas.















Tras a comida ,chegou o momento dos xogos das mazás.
No primeiro tiñamos que ser capaces de coller ca boca unha mazá nunha tina con auga(bobbing apple)



No outro xogo cas mazás tiñamos que  coller unha mazá colgada cunha corda tamén só ca boca(apples on stricks)


Para finalizar o día  volvimos aos talleres e por último entregáronnos uns agasaios por ter participado nos concursos de bonecas de milllo e cabazas.

Esperamos que pasarades un día feliz.E moitas grazas as familias por estar con nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario