Hoxe 18 de Abril temos unha sorpresa na escola.
Ás 12:30 teremos un contacontos ,será sen dubida un momento especial pois achegarse á lectura sempre é unha aventura xenial.
Esta será outra actividade para celebrar o día do libro, pois como sabedes hai unhas mochilas viaxeiras que andan cargadiñas de libros polas casas.
O alumnado de 4º,5º e 6º faran unha montaxe en video deste acontecemento.
Estade atentos ,seguiremos informando de máis actos para a celebración do día do libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario