mércores, 5 de decembro de 2012

Visita dun paleontólogo. Jose Lires

Xusto no día no que se deu a coñecer o dinosaurio máis antigo do mundo, tivemos a sorte de ter a visita dun paleontólogo.


Jose Lires que estudou Xeoloxía en Oviedo, foi un dos encargados de poñer en funcionamento o MUJA ( museo jurásico de Asturias)



Ensinounos o importante que é observar e ter curiosidade para poder aprender.
Como é o traballo dun paleontólogo, as técnicas que usan, que son os fósiles,e un longo etc ...


Sorprendeunos cando nos explicou que en Nebra había dinosaurios.E tiña razón ,incluso os comemos.Non decimos máis pero, ollo cas galiñas!!!!

Outra cousa sorprendente é que do pantalón de traballo dun paleontólogo saen infinidade de obxectos, para mostra estes fósiles.

Dende Nebra só podemos decirte MOITAS GRAZAS POR ENSINARNOS TANTO.





Ningún comentario:

Publicar un comentario