luns, 14 de xaneiro de 2013

BRIGADAS VERDES

Hoxe comezaron a funcionar as Brigadas Verdes no recreo. 
Qué son as Brigadas Verdes?
Son un grupo composto por tres persoas,unha de educación infantil, unha de 1º,2º e 3º, e outra de 4º,5º e 6º que teñen a función de vixiar que o patio esté limpo e conservar as flores e plantas.

Como sabemos quen son?
Diferenciarédelos por uns chaleques de cor verde.
Estes chaleques os collerán na biblioteca e unha vez finalizada a garda deberán deixalos no mesmo sitio.
Samuel,Paula e Suso


Teñen algunha tarefa máis concreta?
Teñen unha axenda ou libreta de brigada verde. Nela cada un deberá escribir o seu nome e a data do día de garda. Tamén rexistrarán todas as incidencias que haxa no patio.                                                                                            
                      



Ningún comentario:

Publicar un comentario