AXUDAS PARA LIBROS
DE TEXTO PARA O CURSO 2013 – 2014.
Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas
para adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material
didáctico e complementario para o curso escolar 2013/2014. (DOG Núm. 103,
venres, 31 de maio de 2013 páxina 19529 e seguintes):
DESTINATARIOS/AS:
Alumnado matriculado no curso 2013/2014 en Educación
Primaria e repetidores de 2º curso de educación primaria (quedan excluídos das
axudas os repetidores/as de 4º e 6º de Educación Primaria).
REQUISITOS:
Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumno/a
matriculado.
Non estar incurso nas prohibicións para obter a
condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de
xuño.
Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000
euros. O cálculo da renda per cápita realizarase da seguinte forma:
- Datos do exercicio fiscal
2.011.
- Sumaranse os recadros 455 e o
465 de cada un dos membros da familia que
teñan ingresos.
- Dividirase o resultado da suma
anterior polo número de membros da unidade familiar.
SOLICITUDES:
As instancias poderán obterse nos centros, nas
xefaturas territoriais da Consellería, no portal da xunta http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria así como na páxina web do colexio: http://ceipnebra.blogspot.com.es/
Presentaranse segundo o Anexo I desta orde nos centros
educativos en que estea matriculado o/a alumno/a.
Presentarase unha solicitude por cada alumno/a.
As solicitudes serán asinadas polo pai/nai/titor legal
así como polos membros da unidade familiar que perciban ingresos, excepto nos
supostos de separación ou divorcio, nos que se poderá omitir a sinatura do
proxenitor que non teña a custodia do menor.
Prazo de
presentación de solicitudes do 03 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
Unha vez feita a solicitude teñen que vir o pani,nai ou
titor/a legal a recoller os vales dende
o 1 de xullo ata o 5 de xullo.
O centro nunca expedirá un novo vale no caso de que
este sexa extraviado polo
solicitante ou pola libraría.
DOCUMENTACIÓN A
ENTREGAR:
Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros
da unidade familiar. Se a situación reflectida no libro a 31 de decembro de
2011 cambiou deberanse presentar un dos seguintes documentos:
- Sentenza xudicial de separación
ou divordio e/ou convenio regulador
- Certificado de convivencia
(empadroamento)
- Informe dos servizos sociais do
concello que acredite a situación familiar.
No caso de discapacidade dalgún membro da unidade
familiar: certificado de discapacidade.
No caso de situación de violencia de xénero
documentación acreditativa.
** Deberanse mostrar todos os documentos orixinais ao
entregar as fotocopias.
CONTÍA DAS AXUDAS:
Familias monoparentais (cun só pai ou nai)
- Renda per cápita ata 6.000
euros ----------------------------170
€
- Renda per cápita familiar de
6.000 a 9.000 euros ----------90 €
Resto das familias
- Renda per cápita ata 5.400
euros ----------------------------170
€
- Renda per cápita dende 5.400
ata 9.000 euros --------------90 €
Ningún comentario:
Publicar un comentario