luns, 14 de outubro de 2013

O outono

      Empezan a caer as follas das árbores, as primeiras choivas, os cogumelos comezan a xermolar, podemos disfrutar da variedade de cores na vexetación, os días fanse máis curtos... Chegou o outonoooo!!!!  E os nenos e nenas do cole están a decorar as súas aulas con motivos do Samaín, que pronto festexaremos. Lembrade que durante esta semana podedes traer as vosas bonecas de millo para expoñer.Por certo, hai moita creatividade, as que están chegando son fermosísimas. Cando xa teñamos todas, subiremos as fotografías.

1 comentario: