Mañá temos a visita ó noso cole de unha mestra moi especial,non é unha mestra común como a que podemos atopar en calquera dos centros de arredor. Trátase de unha mestra de Siria, si digo ben, de Siria. Será unha experiencia seguro que moi bonita da que todos e todas aprenderemos moito. De momento, despois de andar indagando en diferentes fontes, xa sabemos onde se sitúa, coñecemos un pouco da súa cultura, lingua...
Estade moi atentos, que de seguro, alguén publicará algunhas fotos do ben que o pasamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario