Hoxe tivemos a fortuna de coñecer a Mozart a través do pianista e profesor da Escola Municipal de Música do Concello de Porto do Son.
Antonio en primeiro lugar fíxonos reflexionar sobre que é a música ? Que sentimos ca música? E que nos transmite a música?
Falounos da evolución da música a través da historia e tocou algunhas pezas moi antiguas para saber si as coñecíamos e demostrarnos como eses legados siguen estando de moda e podemos disfrutar deles.
Despois comezamos a xogar ca música. A través dos xogos fomos descubrindo cualidades da música ,ritmos , intensidades, coñecemos notas, ...
Primeiro foi o turno dos nenos e nenas de infantil e despois os de primaria.
Como Antonio sabía que a profesora Estíbaliz nos ensinara quen era Mozart e sabíamos moitas cousas del, preguntounos que coñecíamos para despois pasar a explicarnos a súa vida e obra.
Logo chegou o turno da entrevista o alumnado pasou a realizar preguntas sobre a súa profesión e vida artística.
Por último o alumnado do centro que asiste á escola municipal de música falou de como son as clases e o moito que aprenden e melloran. E como non podía ser menos deleitáronos tocando un pouco o piano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario