mércores, 26 de outubro de 2011

Celebramos o OUTONO

Como todos os anos nestas datas celebramos varias festas típicas do outono.
XOGAMOS COMA AS NOSAS AVOAS E AVOS. 
Antes non tiñan os medios que temos agora para xogar. Non tiñan nin bonecas ,para xogar as bonecas nesta época do ano ,tras recoller o millo ,cas espigas facían as súas propias bonecas.
Nós non só facemos bonecas ,ca axuda das nosas nais e pais facemos todo tipo de xoguetes. 
A continuación amoámosvos algúns deles. Na galería de imaxes podedes ver moitas máis,todas feitas con moito agarimo e moito esforzo polo tanto co mesmo valor.



Ningún comentario:

Publicar un comentario