xoves, 27 de outubro de 2011

Celebramos o samaín

Hoxe tivemos a celebración do Samaín na escola.
Ao chegar a aula do medo atopámosnos cunha pantalla xigante onde estaban uns zombis bailando.
Ao velos bailar ,sucedeu algo fantástico un par de zombis da nosa escola bailaron coma eles:Raquel e Isaac.



Bueno estes non son, aínda que se asemellan moito.Fixádevos ben.


Despois disto pasamos á lectura de contos de medo ambientados nun bosque.
Disfrutamos moitísimo,aínda que tamén tivemos moito medo cas histotias. Un gran traballo por parte de todo o alumnado cunha gran calidade en todos os traballos, sen olvidar a Mary e Carol xa que sen elas sería imposible ter feito estas obras de arte.

A aula de infantil non ía ser menos e Loli acompañada da súa clase contaron un conto no que nos meteron moito medo.
E para rematar a clase de 1º,2º e 3º cantáronos unha terrorífica cantiga de medo.

Que acabamos bailando todos xuntos grazas ao traballo de Irene.

E así foi como pasamos un estupendo día de Samaín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario