mércores, 20 de novembro de 2013
Visita ó IES de Porto do Son
Os alumnos e alumnas do IES de Porto do Son, convidáronnos a unha sesión de conta contos. A esta cita acudimos os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Foi unha experiencia moi interesante e divertida. Tivemos que ir en autobús ata o IES, e alí leváronos á sala Percebeira. Estes compañeiros contáronnos o conto da "Lúa", "A vaca que pon ovos", "A elefanta rosa"... E ata Fran nos contou "Caperuchiña vermella" arroupado polos maiores que están no instituto.
Unha das cousas que nos fixo moita ilusión, foi ver a nosa ex compañeira María que xa está no instituto!!!
A continuación podedes ver o ben que o pasamos.
Conta contos no IES de Porto do Son on PhotoPeach
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario