Dende a Escola queremos transmitir esta celebración celta, para manter as nosas tradicións máis antigas dunha forma divertida. O Samaín celebrase con motivo do día de Todos os Santos e do Halloween.
Hai que aclarar, que xa os celtas celebraban o Samaín en Galicia moito antes de que chegara a moda do Halloween. Tiñan a costume de baleirar cabazas para a véspera do día de Todos os Santos.
Os pais e nais dos nenos e nenas tamén colaboraron nesta iniciativa, xa que lle axudaron aos seus fillos/as a preparar as cabazas. Deste xeito, elaboraron cabazas terroríficas.Nesta exposición podemos ver: vampiros, drácula, bruxas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario