A partires do 1 de Marzo de 2014
ábrese o prazo de admisión de novos alumnos/as para o vindeiro
curso 2014-2015. O prazo e lugar de entrega é do 1 ao 20 de
Marzo no centro en horario de 09:20 a 14:20 h.
Os impresos de solicitude (Anexo II)
poderán recollerse no colexio ou descargalos pulsando aquí
Tamén deberán entregar a Ficha de Recollida de Datos
que tamén a poden descargar pulsando aquí .
O centro organiza unhas xornadas de
portas abertas o 11,12 e 13 de Marzo de 2014 en horario de tarde de
16:00 a 18:00 h.
Poden descargar a normativa
reguladora do procedemento de admisión pulsando aquí.
Tamén poden descargar as instruccións
do Xefatura Territorial e as instruccións
da Consellería de Educación.
Os postos escolares ofertados poden
descargalos pulsando aquí
O prazo para formalizar a matrícula
é dende o 20 ao 30 de xuño. Para elo teñen que entregar o
documento de formalización da matricula (Anexo III) que tamén o
poden descargar aquí
Este centro está adscrito ao IES
Porto do Son.
Os Servizos
Complementarios que ofertamos son o Servizo de Autobús.
INFORMACIÓN DE
INTERESE
Cada alumno/a só
pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en
primeiro lugar
Que o alumnado que
ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de
admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao
centro de orixe.
Que o alumnado que
ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión
noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do
inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario