Este ano para celebrar o 8 de Marzo na escola fixemos as seguintes actividades centradas na figura da muller no rural:
Unha exposición de fotografía onde o noso alumnado foi o protagonista realizando fotos a mulleres que traballan no rural ou recopilando fotos antigas.
E para resaltar o traballo da muller no rural tamén tivemos un par de conferencias onde Inma que traballa nunha tenda agrícola e Orieta nunha explotación gandeira explicáronnos como eran os seua traballos.
Algunhas imaxes destas actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario