Se pinchades no debuxo podedes ver as castañas que caracterizamos o alumnado de 4º,5º e 6º.
xoves, 29 de novembro de 2012
luns, 26 de novembro de 2012
Actividade de Voz Natura. Os esquexes
Pinchando na imaxe poderás ver todas as fotos da actividaed feita dentro do programa Voz Natura , onde Ramón o pai de Suso ensinounos a facer esquexes.
martes, 20 de novembro de 2012
Un día cunha estrela da ACB. Bernard Hopkins
Hoxe foi un día moi especial,sabiamos que estaríamos cunha estrela do baloncesto no pavillón de Porto do Son, xunto ás nenas e nenos do concello. Pero cando estábamos a traballar totalmente concretados. UNHA ENORME SORPRESA.
Bernard Hopkins na nosa clase de educación física.
A chegada de Bernard Hopkins foi posible grazas ao
patrocinio de Seguros Bilbao de Noia ,Beauty Center de Noia, Clínica
Fisioterapia Cinesia de Noia e a colaboración do Concello de Porto do Son.
Tras xogar un pouco con el e ensinarlle como eran as castañas,que nunca as vira, quitámosnos unha foto todos/as xuntos.
Bernard continuou a visita polo noso centro pasando polas clases dos máis pequenos. Quedaban alucinados pola súa altura. Bernard interesouse polas súas idades e traballos. Chegando a ter algunha conversa en inglés con algún rapaz.
Logo foi a clase de 1º,2º e 3º ,onde non daban crédito ao que veían. Pola porta da aula ,agachando a cabeza, aparecía Bernard . Que bromeu co alumnado e alegrouse de ver bufandas e camisolas do Obra.
Bernard quedou encantado de coñecer unha escola do rural galego. Valorou moi positiva a convivencia do alumnado de distintas idades nas aulas e o modelo de escola basada na participación do alumnado e as familias, así como na vivencia de experiencias para aprender. Nunca vira unha escola destas características e dende logo non a olvidará.
Despois de que Bernard marchase, nós tamén o fixemos e fomos a Porto do Son a un acto que serviu de presentación oficial do Clube Baloncesto
Porto do Son.
Dende o C.B. Porto do Son invitáronnos aos seus adestramentos en
Porto do son ( luns e mércores de 6:30 a 7:30) e en Portosín (os mércores de7:30
a 9:00 e sábados de 10:30 a 12:00) Todas as nenas e nenos interesados en xogar
a baloncesto poderán acercarse a calquera dos lugares e probar sen ningún
compromiso.
Ata o pavillón acercouse o alumnado de 1º da ESO do Ies de Porto do Son, do Ceip Santa Irene e nós.
O acto foi dirixido por :
Luís Otero coordinador de deportes
do concello de Porto do son.
Manuel Deán concelleiro de
deportes.
Pilar Arufe xerente de seguros
Bilbao de Noia.
Juan Filgueiras adestrador do C.B. Porto do
Son.
Jose Antonio Otero director do Ceip Santa
Irene de Porto do Son.
O xogador foi recibido cunha ovación increíble
por parte de todo o público.
Tras unha breve presentación da súa carreira deportiva, foi
o turno de presentar o C.B. Porto do Son.
Despois os máis novos fixeron de
periodistas preguntando a Bernard, algunhas das preguntas comprometidas e moi emotivas. Como por exemplo: cal fora o seu mellor equipo?. Respondendo por suposto Valencia e Obradoiro. Pero resaltaldo á afición do obradoiro que catalogou da mellor. Ou sobre a dureza de tomar a decisión de deixar de xogar ,cando leva o basket no seu corazón.
Despois foi o momento de compartir pista cos rapaces e mesmo animouse a concursar nunha
competición de tiro e habilidade da cal non saíu vencedor. Cada canastra que
Bernard metía era unha chuvia de aplausos.
Por último e por petición do propio Bernard quixo
fotografiarse e firmar autógrafos a cada un dos alí presentes.
E dende Nebra desexarte moita sorte e felicidade na vida. Bernard Hopkins un verdadeiro CAMPIÓN.
luns, 12 de novembro de 2012
Fotos do magosto e videos
Xa podedes ver as fotos do magosto na galeria de imaxes ou ben pinchando sobre a foto.
Para ver os videos entra nos blogues das aulas. Na marxe dereita da pantalla.
venres, 9 de novembro de 2012
O Magosto 2012
Hoxe 9 de novembro celebramos o Magosto na nosa escola.
Todo comezou ben cedo, chegamos a escola cargadas/os de leña e castañas. Mentres nas aulas traballábamos sobre a temática do magosto, a leña ardía para ter as brasas feitas para o recreo.






Todo comezou ben cedo, chegamos a escola cargadas/os de leña e castañas. Mentres nas aulas traballábamos sobre a temática do magosto, a leña ardía para ter as brasas feitas para o recreo.
O fogonero non era moi experto. Menos mal que tiña a moitas nais e pais que dominabam a arte do asado n e o axudaron.
Na hora do recreo (con certo retraso) a verdade sexa dita, chegou o momento de comer as castañas.Comimos un montón delas tanto as nenas/os, como as nais ,pais e invitadas/os.
Ca barriga ben chea, chegou un momento de sorpresa para as familias. O primeiro " MINIFESTIVAL CASTAÑA MUSIC " baixo a dirección do profesorado de infantil (lLoli e Juan ) e do profe Alberto de música.
Intentaremos poñer os videos cas cantigas tan fermosas que cantaron o alumnado da nosa escola. Uns verdadeiros artístas.
Tras unha breve paréntese para repoñer formas outra vez, chegou o momento dos xogos. Un circuito de xogos onde nos mezclamos o alumnado de cursos superiores cos máis cativos ,profesorado, mamis e papis , avós, avoas e futuras alumnas/os. O circuito constaba de 5 estacións :
O CASTAÑAZO: Lanzar castañas a unha dianas caracterizadas onde a dificultade era cada vez máis evidente.
OS TROMPOS,PEONZAS,... Onde os "maiores " mostraron que hai habilidades que non se perden.
AS CONSTRUCCIÓNS CON ESPIGAS DE MILLO E MADEIRA. A arquitectura xa ten un relevo xeracional.



OS CIRCUITOS DE CHAPAS. Por un momento parecía que estaba cheo de Fernandos Alonso por todas partes,menudas carreiras de F1.
A MARIOLA ,CIRCO. Recordando xogos do pasado que debemos ter no presente.



En fin ,pasamos unha xornada XENIAL , entre alumnado,profesorado e familias.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)