Os días antes da celebración da festa traballamos moito na decoración da escola como podedes ver.
E chegado o día do Samaín : Que meeeeedo!!!!!Sorpresa tras sorpresa, primeiro convertímosnos todas e todos en bruxas. Logo escoitamos os contos feitos polas compañeiras e compañeiros. Despois cantamos ao ritmo dos esqueletes, en inglés,etc ...
Como tiñamos fame , fixemos un taller de cociña monstruosa.
E xa cas pilas recargadas a gran sorpresa, tras pasar polo tunel do terror chegamos á clase de 1º,2º e 3º onde había un bulto sospeitoso deitado no chan, algo así, como unha pantasma. resultou non ser tal, senón que eran dous artistas: Juan o de infantil e Alberto.Interpretando unha obra de teatro con música e efectos especiais, todo unha sorpresa.
Xa case para rematar fomos a cantar outra vez e bailar coma tolas e tolos .
E xa por último entrega de diplomas acreditativoas as familias que participaron nas espigas e nas cabazas.
En fin un día terrorífico
Ningún comentario:
Publicar un comentario