venres, 9 de novembro de 2012

O Magosto 2012

Hoxe 9 de novembro celebramos o Magosto na nosa escola.

Todo comezou ben cedo, chegamos a escola cargadas/os de leña e castañas. Mentres nas aulas traballábamos sobre a temática do magosto, a leña ardía para ter as brasas feitas para o recreo.

 
O fogonero non era moi experto. Menos mal que tiña a moitas nais e pais que dominabam a arte do asado n e o axudaron.


Na hora do recreo (con certo retraso) a verdade sexa dita, chegou o momento de comer as castañas.Comimos un montón delas tanto as nenas/os, como as nais ,pais e invitadas/os.



Ca barriga ben chea, chegou un momento de sorpresa para as familias. O primeiro " MINIFESTIVAL CASTAÑA MUSIC " baixo a dirección do profesorado de infantil (lLoli e Juan ) e do profe Alberto de música.


Intentaremos poñer os videos cas cantigas tan fermosas que cantaron o alumnado da nosa escola. Uns  verdadeiros artístas.
Tras unha breve paréntese para repoñer  formas outra vez, chegou o momento dos xogos. Un circuito de xogos onde nos mezclamos o alumnado de cursos superiores cos máis cativos ,profesorado, mamis e papis , avós, avoas e futuras alumnas/os. O circuito constaba de 5 estacións : 

O CASTAÑAZO: Lanzar castañas a unha dianas caracterizadas onde a dificultade era cada vez máis evidente.


OS TROMPOS,PEONZAS,... Onde os "maiores " mostraron que hai habilidades que non se perden.


AS CONSTRUCCIÓNS CON ESPIGAS DE MILLO E MADEIRA. A arquitectura xa ten un relevo xeracional.


 

OS CIRCUITOS DE CHAPAS. Por un momento parecía que estaba cheo de Fernandos Alonso por todas partes,menudas carreiras de F1.



A MARIOLA ,CIRCO. Recordando xogos do pasado que debemos ter no presente.


      


En fin ,pasamos unha xornada XENIAL , entre alumnado,profesorado e familias.



Ningún comentario:

Publicar un comentario