martes, 20 de novembro de 2012

Un día cunha estrela da ACB. Bernard Hopkins


Hoxe foi un día moi especial,sabiamos que estaríamos cunha estrela do baloncesto no pavillón de Porto do Son, xunto ás nenas e nenos do concello. Pero cando estábamos a traballar totalmente concretados. UNHA ENORME SORPRESA.

Bernard Hopkins na nosa clase de educación física.

A chegada de Bernard Hopkins foi posible grazas ao patrocinio de Seguros Bilbao de Noia ,Beauty Center de Noia, Clínica Fisioterapia Cinesia de Noia e a  colaboración do Concello de Porto do Son.

Tras xogar un pouco con el e ensinarlle como eran as castañas,que nunca as vira, quitámosnos unha foto todos/as xuntos.



Bernard continuou a visita polo noso centro pasando polas clases dos máis pequenos. Quedaban alucinados pola súa altura. Bernard interesouse polas súas idades e traballos. Chegando a ter algunha conversa en inglés con algún rapaz.








Logo foi a clase de 1º,2º e 3º ,onde non daban crédito ao que veían. Pola porta da aula ,agachando a cabeza, aparecía Bernard . Que bromeu co alumnado e alegrouse de ver bufandas e camisolas do Obra.


 Bernard quedou encantado de coñecer unha escola do rural galego. Valorou moi positiva a convivencia do alumnado de distintas idades nas aulas e o modelo de escola basada na participación do alumnado e as familias, así como na vivencia de experiencias para aprender. Nunca vira unha escola destas características e dende logo non a olvidará. 

Despois de que Bernard marchase, nós tamén o fixemos e fomos a Porto do Son a un acto que serviu de presentación oficial do Clube Baloncesto Porto do Son.

Dende o C.B. Porto do Son invitáronnos aos seus adestramentos en Porto do son ( luns e mércores de 6:30 a 7:30) e en Portosín (os mércores de7:30 a 9:00 e sábados de 10:30 a 12:00) Todas as nenas e nenos interesados en xogar a baloncesto poderán acercarse a calquera dos lugares e probar sen ningún compromiso.

Ata o pavillón acercouse  o alumnado de 1º da ESO do Ies de Porto do Son, do Ceip Santa Irene  e nós.

O acto foi dirixido por :
Luís Otero coordinador de deportes do concello de Porto do son.
Manuel Deán concelleiro de deportes.
Pilar Arufe xerente de seguros Bilbao de Noia.
Juan Filgueiras adestrador do C.B. Porto do Son.
Jose Antonio Otero director do Ceip Santa Irene de Porto do Son.


O xogador foi recibido cunha ovación increíble por parte de todo o público.
Tras unha breve presentación da súa carreira deportiva, foi o turno de presentar o C.B. Porto do Son.
Despois os máis novos fixeron de periodistas preguntando a Bernard, algunhas  das preguntas comprometidas e moi  emotivas. Como por exemplo: cal fora o seu mellor equipo?. Respondendo por suposto Valencia e Obradoiro. Pero resaltaldo á afición do obradoiro que catalogou da mellor. Ou  sobre a dureza de tomar a decisión de deixar de xogar ,cando leva o basket no seu corazón.

Despois foi o momento de compartir pista cos rapaces  e mesmo animouse a concursar nunha competición de tiro e habilidade da cal non saíu vencedor. Cada canastra que Bernard metía era unha chuvia de aplausos.





Por último e por petición do propio Bernard quixo fotografiarse e firmar autógrafos a cada un dos alí presentes.






E dende Nebra desexarte moita sorte e felicidade na vida. Bernard Hopkins un verdadeiro CAMPIÓN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario