Retratos da visita do Apalpador dende o Caurel á escola de Nebra.
xoves, 19 de decembro de 2013
mércores, 18 de decembro de 2013
Cartas a nenos e nenas de Siria
Como xa todos sabedes, a semana pasada tivemos a visita de Nusa, unha mestra e periodística que é de Siria. Antes de marchar solo nos pediu un pequeno favor, que os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º, lle escribiran unha carta aos nenos de Siria para darlles ánimos en este momento tan duro de guerra. E así o fixeron, estas son as cartas que escribiron. Pincha no enlace e así verás a boa intención de todos e todas.
venres, 13 de decembro de 2013
Entrevista a Nusa Oui
Aquí vos deixamos un pequeno adianto do día que compartimos con Nusa. Esperamos que en poucos días vos poidamos presentar todo o material que xuntamos. Temos tanto que leva tempo.
CONCERTO NA CASA DA CULTURA DE PORTO DO SON
Fomos convidados a asistir a un concerto moi especial de un grupo musical de tres persoas. Pasámolo moi ben e compartimos o espectáculo con nenos e nenas de outros coles da contorna. Aprendemos distintos ritmos musicais, rimos moito, ata Samuel Blanco foi elexido para ir actuar con estes gran grupo, tamén bailamos...
Fai clic no enlace que atoparñas debaixo da foto.
CONCERTO on PhotoPeach <iframe width="445" height="296" src="http://photopeach.com/embed/yl0iph" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Fai clic no enlace que atoparñas debaixo da foto.
CONCERTO on PhotoPeach <iframe width="445" height="296" src="http://photopeach.com/embed/yl0iph" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
mércores, 11 de decembro de 2013
Un día especial no cole.
Temos o gusto de presentarvos a Nusa Ouis, a chica que nos visitou hoxe no colexio. Foi un día cargado de moitas sorpresas e no que aprendemos moitas cousas. Creo que a partir de hoxe, moitos de nós vamos a valorar máis as cousas que temos e que non lles damos importancia.
Ahora tócanos preparar as fotografías e vídeos que fixemos para poder ensinarvos e compartir con vós esta marabillosa experiencia.
Chukran Nusa e agardamos pola túa visita.
martes, 10 de decembro de 2013
TEMOS VISITA.
Mañá temos a visita ó noso cole de unha mestra moi especial,non é unha mestra común como a que podemos atopar en calquera dos centros de arredor. Trátase de unha mestra de Siria, si digo ben, de Siria. Será unha experiencia seguro que moi bonita da que todos e todas aprenderemos moito. De momento, despois de andar indagando en diferentes fontes, xa sabemos onde se sitúa, coñecemos un pouco da súa cultura, lingua...
Estade moi atentos, que de seguro, alguén publicará algunhas fotos do ben que o pasamos.
domingo, 8 de decembro de 2013
HOXE TOCA PODAR CON RAMÓN
O venres, Ramón (o pai de Suso) veu á escola compartir con nós a súa sabidoría sobre a poda. Aproveitamos a súa axuda para podar as árbores e prantas que foron prantadas en cursos anteriores. Para moitos foi todo un descubremento. A continuación deixovos algunha das imaxes que vos poden dar unha idea do ben que o pasamos.
Pincha na omaxe para ver a galería de fotos .
Video da actividade
mércores, 4 de decembro de 2013
PREVENIR PROBLEMAS DE ATENCIÓN
Un dos problemas máis comúns que soen ter os nenos e nenas é a falta de atención ante as tarefas escolares. Isto é unha das causas do fracaso escolar. Por iso vos deixo un enlace de un folleto con recomendacións para a súa prevención. Espero que vos serva de axuda.
http://familiaycole.files.wordpress.com/2011/03/29-prevenir-problemas-atencion.pdf
http://familiaycole.files.wordpress.com/2011/03/29-prevenir-problemas-atencion.pdf
xoves, 28 de novembro de 2013
UNHA ESCOLA CON SENTIMENTO
Esta semana, estanse a celebrar actos de apoio contra a violencia de xénero. Con frecuencia escoitamos e lemos nas noticias como vai aumentando na lista o número de persoas que son víctimas de malos tratos.
Dende a Escola debemos educar aos nosos alumnos e alumnas no respeto hacia os demais. Cada un de nós temos unhas características particulares, pero por iso non somos nin máis nin menos que ninguén. Non importa cal sexa a nosa apariencia física (gordo, delgado, baixo, con tics...), condición sexual,estatus social, relixión, étnia...todos somos persoas e temos que compartir un espazo na sociedade.
Entre os propios alumnos/as tamén xorden situacións de conflicto e os adultos sin decatarnos. Non é preciso que exista agresión física para estar facéndolle dano a un compañeiro/a, un insulto, facerlle vacío nos xogos, patio, actividades grupais... é agredir psíquicamente a unha persoa.
Aquí vos deixo un pequeno vídeo para reflexionar. Non ó maltrato tanto físico como psíquico. Eduquemos no respeto, non fagas o que non che gustaría que che fixeran a ti. Preme no enlace que está na parte inferior da fotografía.
martes, 26 de novembro de 2013
Monólogos- Educación en igualdade.
Hoxe,
os alumnos e alumnas de 4º,5º e 6º, foron convidados a asistir aos
monólogos que tiñan como temática " A violencia de xénero".
Cada
ano son máis as mulleres e homes que sofren malos tratos.Por iso
debemos transmitir ós nosos nenos e nenas o respeto hacia ós
demais. Creando ambientes familiares onde non exista o machismo, se
compartan tarefas, non fomenten a agresividade tanto física como
verbal...A educación en valores e responsable é un traballo de todos.
mércores, 20 de novembro de 2013
Visita ó IES de Porto do Son
Os alumnos e alumnas do IES de Porto do Son, convidáronnos a unha sesión de conta contos. A esta cita acudimos os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Foi unha experiencia moi interesante e divertida. Tivemos que ir en autobús ata o IES, e alí leváronos á sala Percebeira. Estes compañeiros contáronnos o conto da "Lúa", "A vaca que pon ovos", "A elefanta rosa"... E ata Fran nos contou "Caperuchiña vermella" arroupado polos maiores que están no instituto.
Unha das cousas que nos fixo moita ilusión, foi ver a nosa ex compañeira María que xa está no instituto!!!
A continuación podedes ver o ben que o pasamos.
Conta contos no IES de Porto do Son on PhotoPeach
domingo, 17 de novembro de 2013
Aforrando enerxía
sábado, 16 de novembro de 2013
O magosto 2013 Nebra
O pasado venres 8 de novembro, tivemos a sorte de disfrutar da visita do castañeiro para celebrar o magosto.Os nenos e nenas puideron comer unhas deliciosas castañas e participar nos xogos que tiña preparado o profe Juan.
Un magosto diferente e inolvidable para os alumnos e alumnas.
Botade unha ollada ó ben que o pasamos.
luns, 11 de novembro de 2013
Polo San Martiño,trompos ao camiño.
Na clase de educación física estamos a recuperar un xogo tradicional como é o trompo. E que mellor data que o 11 de novembro , o día do trompo. Como dí o refrán polo San Martiño,trompos ao camiño.
xoves, 7 de novembro de 2013
Arrecende a castaña!!!ummmmmmm que ricas!!
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ao chamosco.
(Popular)
Hoxe merendamos mazá.
Esta semana, a nai de Lucía, agasallounos unha cubeta chea de mazás para convidar a tódolos nenos e nenas do cole. Aquí tedes unha pequena presentación de alumnos, alumnas e mestres disfrutando de tan deliciosa froita. Moitas grazas!!!
domingo, 3 de novembro de 2013
Exposición de cabazas-2013
Dende a Escola queremos transmitir esta celebración celta, para manter as nosas tradicións máis antigas dunha forma divertida. O Samaín celebrase con motivo do día de Todos os Santos e do Halloween.
Hai que aclarar, que xa os celtas celebraban o Samaín en Galicia moito antes de que chegara a moda do Halloween. Tiñan a costume de baleirar cabazas para a véspera do día de Todos os Santos.
Os pais e nais dos nenos e nenas tamén colaboraron nesta iniciativa, xa que lle axudaron aos seus fillos/as a preparar as cabazas. Deste xeito, elaboraron cabazas terroríficas.Nesta exposición podemos ver: vampiros, drácula, bruxas...
venres, 1 de novembro de 2013
Día de Samaín
O venres pasaron polo cole vampiros, morcegos, esqueletes, cabaciñas, mortos viventes... que daban moito moito medo.
Aquí vos queda unha mostra do ben que o psamos.
Aquí vos queda unha mostra do ben que o psamos.
mércores, 30 de outubro de 2013
Espigas de millo mariñeiras.
Con todos e todas: AS ESPIGAS DE MILLO MARIÑEIRAS.
Como novidade este curso escolar as tradicionais bonecas de millo realizáronse cunha temática propia " o mar e os ríos " .
O proxecto Voz Natura será o fío conductor de moitos dos nosos contidos,aprendizaxes , experiencias e actividades.
Pincha na imaxe para ver as fotos das espigas.
Como novidade este curso escolar as tradicionais bonecas de millo realizáronse cunha temática propia " o mar e os ríos " .
O proxecto Voz Natura será o fío conductor de moitos dos nosos contidos,aprendizaxes , experiencias e actividades.
Pincha na imaxe para ver as fotos das espigas.
xoves, 17 de outubro de 2013
mércores, 16 de outubro de 2013
uns compis moi especiais, os cans de ARCA
Neste video podedes ver un pequeño resumo da actividade que realizamos hoxe na escola ca Protectora ARCA.
Despois do aprendido hoxe sobre o comportamento e trato aos animais seguro que todos e todas queremos axudar ca Protectora ARCA.
O CEIP Sobrado Nebra quere agradecer as voluntarias/os por o traballo diario que fan cos animais e ternos ensinado tanto.
Despois do aprendido hoxe sobre o comportamento e trato aos animais seguro que todos e todas queremos axudar ca Protectora ARCA.
O CEIP Sobrado Nebra quere agradecer as voluntarias/os por o traballo diario que fan cos animais e ternos ensinado tanto.
martes, 15 de outubro de 2013
Visita de ARCA. Defensa de natureza e protección da vida animal.
Mañán 15 de outubro teremos unha visita especial das voluntarias de Arca.
Teremos unha charla informativa cunha presentación en power point sobre os coidados dos cans e gatos, o abandono e as funcións dunha Protectora. Tamén realizaremos xogos de dramatización e situación que sofren os animais. E por último o contacto directo cos animais.
Teremos unha charla informativa cunha presentación en power point sobre os coidados dos cans e gatos, o abandono e as funcións dunha Protectora. Tamén realizaremos xogos de dramatización e situación que sofren os animais. E por último o contacto directo cos animais.
luns, 14 de outubro de 2013
O outono
Empezan a caer as follas das árbores, as primeiras choivas, os cogumelos comezan a xermolar, podemos disfrutar da variedade de cores na vexetación, os días fanse máis curtos... Chegou o outonoooo!!!! E os nenos e nenas do cole están a decorar as súas aulas con motivos do Samaín, que pronto festexaremos. Lembrade que durante esta semana podedes traer as vosas bonecas de millo para expoñer.Por certo, hai moita creatividade, as que están chegando son fermosísimas. Cando xa teñamos todas, subiremos as fotografías.
xoves, 26 de setembro de 2013
Este curso traballaremos os mares e os ríos
Empezamos o curso ambientando o centro co tema dos mares e os ríos, para iso decoraremos as aulas, corredores e pavillón. A continuación podedes ver en fotografías os primeiros pasos decorativos que están a dar os alumnos e alumnas de primaria.
venres, 6 de setembro de 2013
Inicio de curso
O mércores 11 de setembro empezará un novo curso escolar co horario habitual de 9:30 a 14:30 horas, menos o alumnado de infantil de tres anos que terán o período de adaptación.
O profesorado da escola quere darvos a benvida a todas e todos e esperarvos con moitas gañas de traballar e ilusión .
venres, 28 de xuño de 2013
Axuda de adquisición dos libros de texto.
Xa están dispoñibles os cheques para a axuda de adquisición dos libros de texto.
A partir de hoxe 28 de xuño e ata o 5 de xulllo podedes pasar a recollelos polo centro.
Recordámosvoa ás familias que faltan por formalizar a solicitude que poden facelo ata o día 3 de xullo.
luns, 3 de xuño de 2013
Axudas para libros de texto para o curso 2013-14
AXUDAS PARA LIBROS
DE TEXTO PARA O CURSO 2013 – 2014.
Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas
para adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material
didáctico e complementario para o curso escolar 2013/2014. (DOG Núm. 103,
venres, 31 de maio de 2013 páxina 19529 e seguintes):
DESTINATARIOS/AS:
Alumnado matriculado no curso 2013/2014 en Educación
Primaria e repetidores de 2º curso de educación primaria (quedan excluídos das
axudas os repetidores/as de 4º e 6º de Educación Primaria).
REQUISITOS:
Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumno/a
matriculado.
Non estar incurso nas prohibicións para obter a
condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de
xuño.
Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000
euros. O cálculo da renda per cápita realizarase da seguinte forma:
- Datos do exercicio fiscal
2.011.
- Sumaranse os recadros 455 e o
465 de cada un dos membros da familia que
teñan ingresos.
- Dividirase o resultado da suma
anterior polo número de membros da unidade familiar.
SOLICITUDES:
As instancias poderán obterse nos centros, nas
xefaturas territoriais da Consellería, no portal da xunta http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria así como na páxina web do colexio: http://ceipnebra.blogspot.com.es/
Presentaranse segundo o Anexo I desta orde nos centros
educativos en que estea matriculado o/a alumno/a.
Presentarase unha solicitude por cada alumno/a.
As solicitudes serán asinadas polo pai/nai/titor legal
así como polos membros da unidade familiar que perciban ingresos, excepto nos
supostos de separación ou divorcio, nos que se poderá omitir a sinatura do
proxenitor que non teña a custodia do menor.
Prazo de
presentación de solicitudes do 03 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
Unha vez feita a solicitude teñen que vir o pani,nai ou
titor/a legal a recoller os vales dende
o 1 de xullo ata o 5 de xullo.
O centro nunca expedirá un novo vale no caso de que
este sexa extraviado polo
solicitante ou pola libraría.
DOCUMENTACIÓN A
ENTREGAR:
Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros
da unidade familiar. Se a situación reflectida no libro a 31 de decembro de
2011 cambiou deberanse presentar un dos seguintes documentos:
- Sentenza xudicial de separación
ou divordio e/ou convenio regulador
- Certificado de convivencia
(empadroamento)
- Informe dos servizos sociais do
concello que acredite a situación familiar.
No caso de discapacidade dalgún membro da unidade
familiar: certificado de discapacidade.
No caso de situación de violencia de xénero
documentación acreditativa.
** Deberanse mostrar todos os documentos orixinais ao
entregar as fotocopias.
CONTÍA DAS AXUDAS:
Familias monoparentais (cun só pai ou nai)
- Renda per cápita ata 6.000
euros ----------------------------170
€
- Renda per cápita familiar de
6.000 a 9.000 euros ----------90 €
Resto das familias
- Renda per cápita ata 5.400
euros ----------------------------170
€
- Renda per cápita dende 5.400
ata 9.000 euros --------------90 €
martes, 7 de maio de 2013
Os maios 2013
Fotos da celebración dos maios. Nesta ocasión a nosa alfombra tiña como tema central as enerxías renovables.
Fixemos un aeroxenerador de enerxía eólica e un sol como xenerador da enerxía solar.
Menos mal que Loli e Irene mollaron os pes e foron a buscar máis verde no intre de facelo senón nos quedaría a medias o noso maio.
Un gran traballo en equipo por parte de toda a escola,
Pincha na imaxe para ver a galería de fotos.
Fixemos un aeroxenerador de enerxía eólica e un sol como xenerador da enerxía solar.
Menos mal que Loli e Irene mollaron os pes e foron a buscar máis verde no intre de facelo senón nos quedaría a medias o noso maio.
Un gran traballo en equipo por parte de toda a escola,
Pincha na imaxe para ver a galería de fotos.
martes, 23 de abril de 2013
mércores, 10 de abril de 2013
Os números
luns, 18 de marzo de 2013
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2013/14
Do 5 ao 17 de Abril estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión para novos alumnos de cara ó curso 2013/14. O impreso poderase recollerse no Centro ou descargalo desta páxina WEB.
Documentación a presentar:
- Solicitude de admisión (ANEXO II)
- Ficha de recollida de datos persoais facilitada polo centro
- Fotocopia Libro de Familia
- Fotocopia Tarxeta Sanitaria
- Fotocopia da cartilla de vacinacións
- Fotocopia do DNI dos pais
- 3 Fotos de carnet do neno/a
No caso de ser un alumno/a con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) deberase entregar documento xustificativo de dita situación.
No caso no que os pais do neno/a que solicita praza no centro estean separados ou divorciados deberase acompañar á solicitude a sentencia de divorcio ou separación, dita solicitude deberá estar asinada polos dous pais (IMPORTANTE).
CADA ALUMNO/A SÓ PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SOLICITE PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR, DE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE PERDERAN O DEREITO DE PRIORIDADE QUE POIDAN CORRESPONDERLLE.
O alumnado que este matriculado no centro este curso salvo aviso por parte das familias enténdese que continuan para o próximo curso. Se por algunha razón ten pensado cambiar de centro deberán solicitalo por escrito, xa que non se pode facer reserva noutro centro sen antes avisar da baixa neste.
Pode consultar a orde que regula o proceso de admisión aquí.
Pode descargar o archivos nos seguintes enlaces:
Unha vez descargados pode cumprimentalos electronicamente (no ordenador), imprimilos e entregalos no Centro.
venres, 15 de marzo de 2013
María unha defensora da muller.
María a mamá de Sará é avogada. Como neste mes estamos a celebrar a importancia que teñen as mulleres na sociedade, quen mellor que María,unha avogada especialista en asesorar ás mulleres.
María ensinounos todo o que hai que facer para ser avogada, como é un xuizo, como é a súa profesión ,...
E o satisfacción que sinte cando axuda a unha muller ,pois ela traballa nunha oficina de información a muller .
Foi unha mañan especial onde todas e todos aprendimos moito, e como decía María a información é liberdade.
Pinchade na imaxe para ver as fotos
María ensinounos todo o que hai que facer para ser avogada, como é un xuizo, como é a súa profesión ,...
E o satisfacción que sinte cando axuda a unha muller ,pois ela traballa nunha oficina de información a muller .
Foi unha mañan especial onde todas e todos aprendimos moito, e como decía María a información é liberdade.
Pinchade na imaxe para ver as fotos
A lactancia materna.
María José a parte de ser a mamá de Iker, é a presidenta de Achuchar. Unha asociación de orientación ás familias , axudan e informan sobre a lactancia materna, dan cursiños de masaxes, deixan materiais,etc...
Hoxe na escola ensinounos un montón de cousas,como o importante que é tomar o peito,a composición do leite,a relación que ten axudar na casa os pais e peuqen@s cando mamá da o peito, a lactancia e a conservación do medio ambiente,etc...
E ata cambiamos cueiros, pero non uns normais senón de tea, para contaminar menos.
Toda unha experiencia como podedes ver nas imaxes.
Hoxe na escola ensinounos un montón de cousas,como o importante que é tomar o peito,a composición do leite,a relación que ten axudar na casa os pais e peuqen@s cando mamá da o peito, a lactancia e a conservación do medio ambiente,etc...
E ata cambiamos cueiros, pero non uns normais senón de tea, para contaminar menos.
Toda unha experiencia como podedes ver nas imaxes.
xoves, 14 de marzo de 2013
luns, 11 de marzo de 2013
venres, 8 de marzo de 2013
mércores, 6 de marzo de 2013
PLANTAMOS HORTENSIAS
Dentro do proxecto Voz Natura , fixemos a actividade de decorar e delimitar o teerreo da escola cunha plantacción de hortensias .Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos de todo o alumnado traballando.
mércores, 27 de febreiro de 2013
LANZAMENTO DO FOGUETE
Hoxe despois do recreo vivimos unha expeiencia única, vimos o lanzamento dun foguete en directo.
Un Foguete que despega por medio dunha reacción física ao comprimir o aire de dentro do foguete.
Para facer este foguete o profesorado e alumnado de infantil utilizaron:
Un bombim ,cun tapón de corcho que fara de válvula para meter o aire.
Un Foguete que despega por medio dunha reacción física ao comprimir o aire de dentro do foguete.
Para facer este foguete o profesorado e alumnado de infantil utilizaron:
Un bombim ,cun tapón de corcho que fara de válvula para meter o aire.
E outra botella que fai de soporte para poñer o foguete. Como podedes ver esta base ten un corte para poder meter o inflador.
Con todo preparado so quedaba probar e estes foron os resultados:
Variando a cantidade de auga.
domingo, 3 de febreiro de 2013
APERTAS PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ
No día da paz fixemos este video para poñer de manifesto o importante de tratarnos ben para sermos máis felices.
venres, 1 de febreiro de 2013
Día da Paz 2013
Deixámosvos as imaxes dunha das actividades que fixemos para celebrar o día da Paz.
![]() |
Día da Paz 2013 |
xoves, 31 de xaneiro de 2013
mércores, 30 de xaneiro de 2013
luns, 28 de xaneiro de 2013
O lanzamento dun foguete especial,non espacial
Tanto aprenderon que atrevéronse a a facer un lanzamento dun foguete dentro da súa aula. Se queredes ver como resultou o experimento mirade este pequeno video.
Fixemos os nosos foguetes
Pinchade na imaxe para ver como diseñamos distintos foguetes cas pezas de madeira. Así tamén aprendemos as cores,as fromas, a contar , ...
A Pobra ,Intercomarcal campo a través
O CEIP Sobrado -Nebra participou na fase intercomarcal de campo a través na categoría benxamín masculino e feminino.
Victor rematou a súa carreira no posto 21 e Jaqueline e Xiana no 15 e 16 respectivamente.
Pero o máis importante, é que os tres disfrutaron moitísimo.
O ENTROIDO NA NOSA WEB
Agora que está preto o entroido, deixámosvos uns enlaces para traballar está temática de disttinas formas..
martes, 22 de xaneiro de 2013
Selecionados para o concurso ECOVOZ
Este ano a nosa escola foi seleccionada para participar na deimotereira edición do concurso radiofónico Ecoreguntoiro, Organizado pola Emisora Radio Voz.
O vindeiro venres 1 de febreiro será o sorteo de emparellamentos de escolas e calendario.Pero xa se sabe que a primeira eliminatoria será os días 5,6 e 7 de febreiro.
Neste concurso todas as preguntas teñen que ver coas cousas que aprendemos en Coñecemento do Medio.
Pero hai un tipo de pregunta especial que vale o dobre que é a pregunta SOGAMA
venres, 18 de xaneiro de 2013
Fase intercomarcal de campo a través
Tras a celebración do campionato comarcal de campo a través celebrado o pasado 17 de xaneiro no Loreto, as alumnas e alumnos clasificados para competir na seguinte fase son:
Categoría benxamín feminina:
Jaqueline García Vila
Xiana Filgueiras Cortón
Benxamín masculino
Víctor Molinos Sobrado
Alevín Feminino
Jénifer Vidal Fernández.
Participarán o vindeiro venres 25 de xaneiro en Negreira a partir das 11:00 horas da mañán. Dende a escola desexámoslle moito ánimo e sorte.
Categoría benxamín feminina:
Xiana Filgueiras Cortón
Benxamín masculino
Víctor Molinos Sobrado
Alevín Feminino
Jénifer Vidal Fernández.
Participarán o vindeiro venres 25 de xaneiro en Negreira a partir das 11:00 horas da mañán. Dende a escola desexámoslle moito ánimo e sorte.
Xogamos creando foguetes.
O alumnado de infantil A , traballamos as formas ,as cores os números pero sobre todo creamos os nosos foguetes
xoves, 17 de xaneiro de 2013
Fotos campionato campo a través do Loreto.
Aquí podedes ver en imaxes ás campioas e aos campións na fase comarcal de campo a través disputada no campamento do Loreto de Porto do Son.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)